• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Fajardo tomou posesión como presidente da Federación Galega de Confrarías

Out 27 Escrito por 
GALICIA> Tomás Fajardo, patrón maior de Porto do Son, tomou posesión como novo presidente da Federación Galega de Confrarías. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, ofreceu diálogo permanente e traballo conxunto na procura de solucións aos problemas e retos que afronta o sector marítimo-pesqueiro.
Rosa Quintana sinalou que este diálogo 'será decisivo para avanzar na procura da solución dos problemas do día a día do sector'. Entre as cuestións urxentes a resolver, a conselleira citou o mantemento do arte do xeito, na defensa do cal xa se pronunciou por unanimidade o Parlamento de Galicia e se enviaron alegacións a Bruxelas. Tamén sinalou a importancia da loita contra o furtivismo e da mellora da comercialización. A conselleira indicou tamén que haberá situacións difíciles como os episodios de toxinas vividos este ano ou a baixa na produción marisqueira nalgunhas zonas, ou mesmo a paulatina implantación da política dos descartes que recolle a nova PCP. Fronte a estes problemas destacou a necesidade de encontrar alternativas, como por exemplo mellorar a comercialización revalorizando uns produtos de primeira calidade como son os das nosas rías. Tamén, con accións de recuperación de zonas de marisqueo improdutivas.
Etiquetado como Galicia    Confrarías    Marítima Pesca Marisqueo   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rajoy desbota que os lumes se produciran por 'casualidade'
    GALICIA> A crítica situación que se está a vivir en Galicia trouxo esta mañá ata a comunidade ao presidente do goberno. Mariano Rajoy visitou diferentes puntos da provincia de Pontevedra, entre eles o concello de Vigo e o posto de mando avanzado instalado en Pazos de Borbén. Rajoy estivo acompañado polo presidente autonómico, que a primeira hora celebraba un consello da xunta extraordinario para condenar a vaga de lumes e recordar os catro falecidos. Tamén para decretar tres días de loito oficial en Galicia. O presidente do goberno desprazouse esta mañá a algunhas das zonas máis afectadas pola vaga de lumes que asolaga a comunidade. Tras participar nunha concentración en Vigo en memoria dos catro falecidos, Rajoy visitou o posto de mando avanzado en Pazos de Borbén. No encontro mantido co presidente da Xunta e os mandos dos corpos de seguridade do Estado, Mariano Rajoy amosouse disposto a facilitar toda a axude que se precise dende a Xunta. Anunciou que 700 membros da Unidade Militar de Emerxencias se trasladaron ata Galicia, con máis de 10 medios aéreos que traballan na extinción dos lumes. Antes de reunirse co presidente do goberno, o rexedor autonómico celebrou unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Alberto Núñez Feijóo analizou co seu equipo a situación polos lumes e recordou aos catro falecidos nos incendios. Tamén anunciou o decreto de tres días de loito oficial. No seu discurso, Núñez Feijóo agradeceu o traballo dos equipos de extinción, e destacou a solidariedade dos veciños que sairon á rúa para colaborar na loita contra as lapas. Tamén apuntou que nunca houbo tantos medios para a extinción dos lumes como neste mes de outubro, e agradeceu a colaboración que está a chegar dende o Estado e outras Comunidades Autónomas.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Sanidade distribuirá 560 mil vacinas antigripal na campaña deste ano
    BARBANZA> O obxectivo da campaña non é outro que tratar de minimizalo impacto desta enfermidade na poboación, especialmente nos grupos de maior risco. A campaña de vacinación antigripal deste ano iniciarase o vindeiro 23 de outubro e prolongarase ata o 29 de decembro. Neste tempo a consellería de Sanidade pretende distribuír unhas 560 mil vacinas entre a poboación, dirixíndose especialmente aqueles grupos de idade de maior risco como poden ser persoas maiores de sesenta anos. Como medida extraordinaria este ano sanidade adquiriu unhas trinta mil vacinas mais, coa previsión de mellorar os resultados da campaña do ano anterior, mantendo a oferta de vacinación a tódalas persoas incluídas nos grupos de risco, de xeito totalmente gratuíto, co fin de aumentar as coberturas. A consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser centros penitenciarios, entre outros.
  • Malestar ante o coeficiente redutor na xubiliación dos mariñeiros
    Pontevedra> O problema dos coeficientes redutores da idade de xubilación para os mariñeiros galegos volve a saír a flote. A CIG denuncia, que mediante unha circular do director do Instituto Social da Mariña, os mariñeiros de palangreiros e arrastreiros conxeladores non poden acollerse ao coeficiente redutor do 0.40.
  • A escaseza de polbo dispara os prezos no mes de maior demanda
    A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
  • Feijóo apela ó traballo conxunto para afrontar os retos de futuro da pesca galega
    BARBANZA> O presidente da Xunta mantivo unha xuntanza co Consello Galego de Pesca para analizar os retos de futuro do sector. Alberto Núñez Feijóo apelou ó traballo conxunto para afrontar temas trascendentais como o Brexit, a negociación das cotas ou a flexibilidade nos descartes.
HomeGaliciaFajardo tomou posesión como presidente da Federación Galega de Confrarías Top of Page

Síguenos en facebook