• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Deputación destina 25 millóns ó Plan de Aforro e Investimentos

Nov 24 Escrito por 
A CORUÑA> O orzamento da Deputación da Coruña para o vindeiro exercicio ascende a 171.334.00 euros, unha cifra que supón un incremento do nove por cento. Trátase dunhas contas elaboradas, segundo explicou o presidente provincial, con total liberdade ó non ter que facer fronte ó organismo a ningunha débeda financeira. Precisamente, co obxectivo principal de cancelar a débeda dos concellos habilítase este ano o Plan de Aforro e Investimento dotado de 25 millóns de euros. O ente provincial habilitará ademais un mecanismo máis rigoroso de control nas bases de execución do orzamento á hora de outorgar subvencións ás distintas entidades locais. Por último, Diego Calvo destacou os bos resultados das políticas de contención nos gastos de persoal durante os últimos anos así como a conxelación das retribucións dos cargos electos da Deputación.
Etiquetado como Deputación A Coruña    Orzamentos    Diego Calvo    Manuel Ruíz   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O alcalde de Ribeira intenta acelerar a posta en marcha do cuarto xulgado
    RIBEIRA> Os datos presentados na memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixaron patente a sobrecarga de traballo que se dá nos xulgados ribeirenses. Hai varios meses durante a visita que realizaba ó xulgado ribeirense o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, este mesmo se pronunciaba ó respecto da necesidade dun cuarto xulgado. Segundo el todo dependería do grao de traballo no momento en que se coñecese o número de novas sedes xudiciais correspondentes a Galicia. Unha posibilidade que agora, ó coñecerse a memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, volve a cobrar forza. É máis o rexedor ribeirense xa se puxo mans á obra para intentar acelerar a súa posta en marcha.
  • A Deputación mellorará a accesibilidade ás praias da Torre e o Pazo en Rianxo
    RIANXO> En total investiranse preto dos corenta mil euros que serán destinados a rehabilitar as pasarelas de madeira e en instalar aseos adaptados. A institución provincial levará este venres a pleno a aprobación dun proxecto para rehabilitar os accesos e mellorar as dotacións do paseo marítimo de Té e as praias do Pazo e a Torre. As obras terán un orzamento total de preto dos 40 mil euros, dos cales a Deputación aportará o 80%, ó redor duns 31 mil euros, e incluirán a rehabilitación da ponte peonil que conecta os dous areais, así coma as pasarelas de acceso ós mesmos. A actuación verase tamén complementada coa instalación de dous novos aseos no parque situado na zona da antiga conserveira.
  • O BNG acusa ó goberno de Nós Pobra dunha total parálise
    POBRA> Os nacionalistas cargan contra o executivo por non levar a cabo actuacións consensuadas nos orzamentos de 2016 de gran importancia para o desenvolvemento do municipio. Á falla xa de poucos meses para o remate do ano e sen presentar aínda o documento orzamentario para o presente exercicio, o BNG da Pobra quixo facer balance da xestión realizada polo goberno, segundo eles des-goberno de Nós Pobra durante este ano. Para os nacionalistas as obras realizadas polo equipo de goberno non van deixar marca nin van formar parte da historia da vila, ó ser mesmo incapaz de levar a cabo aquelas que foran incluídas por consenso nos orzamentos de 2016. Segundo eles trátanse de actuacións de gran calado social como a adquisición dunha parcela para a construción dunha escola infantil, a creación do Centro de Información á Muller ou a rede de centros sociais nas parroquias, así como tamén diversas propostas de mellora de seguridade viaria ou reordenación do tráfico entre outras. Aínda así, para o voceiro desta formación, Ramiro Ouviña, neste tempo déronse ademais dous exemplos sangrantes da incapacidade coa que, segundo el, actúa o goberno de Nós Pobra, como o feito de non por en marcha o Servizo de Normalización Lingüística, a pesares de ter cobrado o 50% da subvención, ou a perda da solicitude de axudas para a creación dunha Área de Rehabilitación Integral.
  • A Deputación da Coruña será a primeira en xestionar directamente os parques de bombeiros
    BARBANZA> A Deputación da Coruña será a primeira en implantar a xestión directa dos parques de bombeiros. Así o anunciou o presidente provincial, Valentín González Formoso, trala reunión mantida co seu homólogo en Lugo, Darío Campos, o deputado na Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
  • O BNG da Pobra volve a denunciar a tardanza na presentación dos orzamentos
    POBRA> Para os nacionalistas este é un exemplo máis da inoperancia do goberno de Nós Pobra que non é quen de facer unha proposta orzamentaria ó resto dos grupos da corporación. Van alá máis de sete meses e o executivo pobrense aínda non ten presentado ningunha proposta dos orzamentos municipais para o presente ano, traballando co documento orzamentario prorrogado do ano anterior. Para o BNG esta situación vén a demostrar unha vez máis a falla de xestión do goberno municipal, impedindo ademais o traballo fiscalizador por parte dos grupos da oposición. Dende o BNG critican ademais que esta situación está a provocar unha certa preocupación por diferentes actuacións incluídas no capítulo de investimentos e tamén polas subvencións do ano anterior que aínda non foron abonadas como as axudas ás asociacións ou ó transporte escolar.
  • O goberno da Deputación fai balance destes dous anos
    BARBANZA> Entre os aspectos máis destacados no que vai de mandato fixeron alusión ás políticas de creación de emprego. Tras dous anos de goberno bipartito na Deputación da Coruña, PSOE e BNG fixeron balance esta mañá da súa xestión neste tempo á fronte do organismo provincial. Tanto o presidente, o socialista Valentín González Formoso, coma a vicepresidenta, a nacionalista Goretti Sanmartín, destacaron a boa sintonía existente entre ámbalas dúas formacións. Como exemplo dese bo facer numerosos logros acadados no que vai de mandato. Entre os máis importantes as políticas de creación de emprego, as axudas ós concellos de cara a reducción da súa débeda e tamén o achegamento da institución ó cidadán. Dentro dos proxectos levados a cabo nestes dous anos, o presidente provincial destacou o Plan Único. Un feito que tamén destacou a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, quen convidou á Xunta a mirarse no espello da Deputación da Coruña para ver camiños polos que avanzar nesa nova fórmula de xestionar os fondos. Outro dos puntos clave no balance destes dous anos de goberno bipartito na Deputación foi o impulso ó emprego, coa posta en marcha dun Plan de Emprego Local que financia a contratación de persoal nos concellos para cubrir servizos básicos, apoia ás empresas na contratación de persoal e impulsa tamén os proxectos emprendedores da mocidade, e que a día de hoxe xa conseguiu a inserción laboral de preto de 1.500 persoas.
HomeGaliciaA Deputación destina 25 millóns ó Plan de Aforro e Investimentos Top of Page

Síguenos en facebook