• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Galicia lidera as rexións pesqueiras da Unión Europea

Nov 27 Escrito por 
GALICIA> O sector marítimo pesqueiro galego representa a metade do emprego deste sector en toda España. O alto número de profesionais que dependen da actividade e as cifras de facturación sitúan á comunidade como líder europea en materia de pesca.
Galicia consolídase como comunidade líder do sector marítimo pesqueiro na Unión Europea cunha facturación de 4.700 millóns de euros e o cincuenta por cento do total do emprego do sector en España. A flota galega descarga o setenta por cento da pesca fresca de España e o máis do once por cento da europea. Estes datos foron aportados pola Conselleira do Mar na inauguración da Conferencia Internacional ‘O futuro da Pesca’, celebrada en Vigo. A asociación de armadores de Vigo organizou esta conferencia con motivo do seu cincuenta aniversario. entre os obxectivos do encontro destacan a busca de mecanismos para facer fronte á pesca non regulada, a reflexión sobre a necesidade de ampliar as capacidades de pesca e mellorar a comercialización. Para acadar estes obxectivos é preciso que sector e administracións coordinen esforzos para garantir o futuro da pesca.
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rajoy desbota que os lumes se produciran por 'casualidade'
    GALICIA> A crítica situación que se está a vivir en Galicia trouxo esta mañá ata a comunidade ao presidente do goberno. Mariano Rajoy visitou diferentes puntos da provincia de Pontevedra, entre eles o concello de Vigo e o posto de mando avanzado instalado en Pazos de Borbén. Rajoy estivo acompañado polo presidente autonómico, que a primeira hora celebraba un consello da xunta extraordinario para condenar a vaga de lumes e recordar os catro falecidos. Tamén para decretar tres días de loito oficial en Galicia. O presidente do goberno desprazouse esta mañá a algunhas das zonas máis afectadas pola vaga de lumes que asolaga a comunidade. Tras participar nunha concentración en Vigo en memoria dos catro falecidos, Rajoy visitou o posto de mando avanzado en Pazos de Borbén. No encontro mantido co presidente da Xunta e os mandos dos corpos de seguridade do Estado, Mariano Rajoy amosouse disposto a facilitar toda a axude que se precise dende a Xunta. Anunciou que 700 membros da Unidade Militar de Emerxencias se trasladaron ata Galicia, con máis de 10 medios aéreos que traballan na extinción dos lumes. Antes de reunirse co presidente do goberno, o rexedor autonómico celebrou unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Alberto Núñez Feijóo analizou co seu equipo a situación polos lumes e recordou aos catro falecidos nos incendios. Tamén anunciou o decreto de tres días de loito oficial. No seu discurso, Núñez Feijóo agradeceu o traballo dos equipos de extinción, e destacou a solidariedade dos veciños que sairon á rúa para colaborar na loita contra as lapas. Tamén apuntou que nunca houbo tantos medios para a extinción dos lumes como neste mes de outubro, e agradeceu a colaboración que está a chegar dende o Estado e outras Comunidades Autónomas.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Sanidade distribuirá 560 mil vacinas antigripal na campaña deste ano
    BARBANZA> O obxectivo da campaña non é outro que tratar de minimizalo impacto desta enfermidade na poboación, especialmente nos grupos de maior risco. A campaña de vacinación antigripal deste ano iniciarase o vindeiro 23 de outubro e prolongarase ata o 29 de decembro. Neste tempo a consellería de Sanidade pretende distribuír unhas 560 mil vacinas entre a poboación, dirixíndose especialmente aqueles grupos de idade de maior risco como poden ser persoas maiores de sesenta anos. Como medida extraordinaria este ano sanidade adquiriu unhas trinta mil vacinas mais, coa previsión de mellorar os resultados da campaña do ano anterior, mantendo a oferta de vacinación a tódalas persoas incluídas nos grupos de risco, de xeito totalmente gratuíto, co fin de aumentar as coberturas. A consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser centros penitenciarios, entre outros.
  • Mar mellora o seu equipo ante puntuais episodios de contaminación mariña
    VILAGARCÍA> A conselleira do Mar estivo en Vilagarcía. Alí participou na xornada formativa para o emprego dos traxes de protección nuclear, biolóxica e química para episodios de contaminación mariña.
  • Malestar ante o coeficiente redutor na xubiliación dos mariñeiros
    Pontevedra> O problema dos coeficientes redutores da idade de xubilación para os mariñeiros galegos volve a saír a flote. A CIG denuncia, que mediante unha circular do director do Instituto Social da Mariña, os mariñeiros de palangreiros e arrastreiros conxeladores non poden acollerse ao coeficiente redutor do 0.40.
  • A escaseza de polbo dispara os prezos no mes de maior demanda
    A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
HomeGaliciaGalicia lidera as rexións pesqueiras da Unión Europea Top of Page

Síguenos en facebook