• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Sector público e privado converxen no I Encontro de Empresas e Concellos

Nov 27 Escrito por 
A CORUÑA> O recinto feiral de ExpoCoruña acolle o Primeiro Encontro entre empresas e concellos organizado pola Deputación da Coruña. O presidente do ente provincial foi o encargado de inaugurar o evento que contou tamén coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Un total de setenta empresas sumáronse á primeira edición deste encontro organizado pola Deputación da Coruña. O obxectivo é establecer un punto de encontro entre o sector privado e a administración pública para mellorar o funcionamento diario dos noventa e tres concellos da provincia, especialmente daqueles con menos de vinte mil habitantes. Durante os tres días en que se desenvolve o encontro, representantes e técnicos dos concellos poden coñecer as últimas novidades presentes no mercado que contribúen a mellorar a xestión municipal. Unha ampla oferta que vai dende maquinaria ou aplicacións informáticas ata os sistemas máis punteiros e eficientes na xeración de enerxía. O éxito do encontro non fai máis que confirmar a vocación de continuidade con que nace. En vindeiras edicións a Deputación agarda sumar novas empresas interesadas en prestar os seus servizos nos diferente eidos da administración local. O presidente da Deputación estivo acompañado no acto inaugural polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o presidente da Federación galega de Municipios e Provincias, José Manuel Rey Varela.
Etiquetado como Deputación A Coruña    empresas    Concellos    Diego Calvo   
Publicado en GALICIA
Modificado por última vez no Xoves, 27 Novembro 2014 18:42

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Deputación mellorará a accesibilidade ás praias da Torre e o Pazo en Rianxo
    RIANXO> En total investiranse preto dos corenta mil euros que serán destinados a rehabilitar as pasarelas de madeira e en instalar aseos adaptados. A institución provincial levará este venres a pleno a aprobación dun proxecto para rehabilitar os accesos e mellorar as dotacións do paseo marítimo de Té e as praias do Pazo e a Torre. As obras terán un orzamento total de preto dos 40 mil euros, dos cales a Deputación aportará o 80%, ó redor duns 31 mil euros, e incluirán a rehabilitación da ponte peonil que conecta os dous areais, así coma as pasarelas de acceso ós mesmos. A actuación verase tamén complementada coa instalación de dous novos aseos no parque situado na zona da antiga conserveira.
  • 6 concellos da provincia realizarán o 100% do seu compost para finais do 2018
    Pontevedra> Para finais do 2018 dende a Deputación de Pontevedra agardan que seis concellos da provincia estean compostando ao 100 % os seus residuos orgánicos. O que significa que a finais dese ano, e neses concellos, desaparecerá o colector verde no que se deposita todo o mesturado. Unha supresión que determinará se o proceso funciona ou non.
  • A Deputación da Coruña será a primeira en xestionar directamente os parques de bombeiros
    BARBANZA> A Deputación da Coruña será a primeira en implantar a xestión directa dos parques de bombeiros. Así o anunciou o presidente provincial, Valentín González Formoso, trala reunión mantida co seu homólogo en Lugo, Darío Campos, o deputado na Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
  • O goberno da Deputación fai balance destes dous anos
    BARBANZA> Entre os aspectos máis destacados no que vai de mandato fixeron alusión ás políticas de creación de emprego. Tras dous anos de goberno bipartito na Deputación da Coruña, PSOE e BNG fixeron balance esta mañá da súa xestión neste tempo á fronte do organismo provincial. Tanto o presidente, o socialista Valentín González Formoso, coma a vicepresidenta, a nacionalista Goretti Sanmartín, destacaron a boa sintonía existente entre ámbalas dúas formacións. Como exemplo dese bo facer numerosos logros acadados no que vai de mandato. Entre os máis importantes as políticas de creación de emprego, as axudas ós concellos de cara a reducción da súa débeda e tamén o achegamento da institución ó cidadán. Dentro dos proxectos levados a cabo nestes dous anos, o presidente provincial destacou o Plan Único. Un feito que tamén destacou a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, quen convidou á Xunta a mirarse no espello da Deputación da Coruña para ver camiños polos que avanzar nesa nova fórmula de xestionar os fondos. Outro dos puntos clave no balance destes dous anos de goberno bipartito na Deputación foi o impulso ó emprego, coa posta en marcha dun Plan de Emprego Local que financia a contratación de persoal nos concellos para cubrir servizos básicos, apoia ás empresas na contratación de persoal e impulsa tamén os proxectos emprendedores da mocidade, e que a día de hoxe xa conseguiu a inserción laboral de preto de 1.500 persoas.
  • Ánxela Franco visita as melloras acometidas pola Deputación na residencia de AMICOS
    BOIRO> A deputada provincial, Ánxela Franco, visitou as instalación da residencia de AMICOS en Comoxo. Grazas a unha achega da Deputación, procedeuse á pavimentación do exterior do centro e dotouse dun xerador eléctrico para garantir o correcto subministro.
  • A Deputación da Coruña radiografía os servizos públicos do Barbanza a través da EIEL
    BOIROa A Deputación da Coruña presentou en Boiro a sétima actualización da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais. Trátase dunha ferramenta moi útil para priorizar investimentos e detectar as principais necesidades dos concellos en servizos básicos.
HomeGaliciaSector público e privado converxen no I Encontro de Empresas e Concellos Top of Page

Síguenos en facebook