09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Novembro deixa máis parados en O Salnés e en O Barbanza

Dec 02 Escrito por 
GALICIA> Os datos do paro no mes de novembro non deixan boas novas nas nosas comarcas. O Salnés rexistra 12.000 veciños que non atopan un emprego, 275 máis que no mes de outubro. No caso do Barbanza, novembro sumou 88 desempregados máis, ata acadar o total de 5.200 persoas nas colas do Servizo Público de Emprego. Só A Pobra, cun posto de traballo máis, e Meis con dous, conseguen crear emprego.
  Nin O Salnés nin Barbanza conseguen ver a luz. Na comarca pontevedresa, novembro destruíu emprego no sector servizos, na construción e na industria, con 275 novos inscritos nas oficinas do Servizo Público de Emprego. En total, xa son 12 mil os veciños do Salnés que non teñen traballo. En Barbanza, só a industria crea emprego, pero non é suficiente para deixar datos positivos: 88 novos parados e un total de 5.200. Entre os cinco concellos que encabezan a destrución de emprego, Ribeira rexistra o maior incremento, con 72 desempregados máis . O resto da listaxe é para municipios do Salnés: Sanxenxo con 67, Cambados con 61, 40 en Vilanova e 34 en Vilagarcía. Só A Pobra e Meis conseguen crear postos de traballo, un e dous respectivamente. A dinámica negativa do Salnés e do Barbanza segue a do resto de Galicia. A comunidade pechou novembro con 4.588 desempregados máis, superando os 248.600. Uns datos que activan a alerta social. En termos interanuais, a situación mellorou. Se comparamos estes datos cos do hai un ano, en Galicia hai máis de 22.200 parados menos. Pero a cantidade non se corresponde coa calidade. Onde os datos son positivos é no conxunto de España. Novembro deixou máis de 14.600 desempregados menos, baixando a cifra ata os 4 millóns 500 mil persoas. Trátase do mellor dato neste mes de toda a serie histórica, iniciada en 1996.
   
Etiquetado como Paro    Servizo público de emprego    O Salnés    o barbanza    novembro   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Sobe lixeiramente o paro na provincia de Pontevedra
    VILAGARCÍA > Novembro pecha cunha suba xeralizada do paro. Na provincia de Pontevedra o número de demandantes de emprego incrementouse neste mes nalgo máis de 170 persoas. Ante estes datos, na rúa, a xente agarda que a campaña de Nadal permita recuperar lixeiramente o emprego, nunha campaña marcada pola temporalidade dos contratos. O mes de novembro pecha con datos negativos para o desemprego. Na provincia de Pontevedra o número de persoas que buscan traballo e non o atopan sitúase nos 74.475: son 174 persoas máis que un mes antes, ou o que é o mesmo: un 0,47% máis que no mes de outubro. Visto doutro xeito, os datos coñecidos hoxe son positivos, pero en relación co mes de novembro do ano 2016. Nesta comparativa interanual, o paro descendeu na provincia de Pontevedra algo mais dun 8%. Sexa como for, a ría de Arousa segue a estar entre as zonas máis prexudicadas. Dende o mes de setembro sumáronse ás listas do paro no Barbanza 567 persoas e no Salnés 1.792 parados en só tres meses. Na rúa, este lixeiro ascenso do desemprego con respecto ó mes de outubro non sorprende. A maioría dos enquisados tamén agoiran un incremento da contratación de cara ó Nadal, unha época de moito consumo, caracterizada tamén pola temporalidade dos contratos.
  • O Alcampo de Vilagarcía abrirá as súas portas o vindeiro martes
    VILAGARCIA> O vindeiro martes abrirá ao público o Alcampo de Vilagarcía. Unha área comercial de uns 5.000 metros cadrados, que busca complementar a oferta xa existente na vila, e ser unha alternativa para aqueles cidadáns que se desprazan ata outras áreas comerciais que están fora da comarca para facer as súas compras.
  • Os mariscadores noieses volven a actividade despois dun mes parados pola toxina
    NOIA> A maioría dos produtores conseguiu coller sen dificultade os topes establecidos. A única desconfianza para eles, o prezo que o marisco puidera acadar en lonxa... A maioría dos mariscadores confían en que o episodio de toxina non volva a producirse, algo que non poden asegurar con rotundidade, e así poder manter un nivel aceptable de ingresos, xa que o mercado se atopa practicamente desabastecido, tanto para fresco como para as conserveiras.
  • A EPA amosa unha baixada de 2,1 puntos do paro na provincia
    Pontevedra> A enquisa de poboación activa deixa datos positivos para a provincia de Pontevedra no seu terceiro trimestre, cunha baixada do paro de 2,1 puntos en relación ao trimestre anterior. Con todo, dende UGT amosáronse preocupados polo notable aumento na taxa de contratos temporais.
  • Chega a mobilidade sostible O Salnés a través do glp
    VILAGARCÍA> A mobilidade sostible é unha realidade en O Salnés. Conscientes do avance da industria do automóbil neste eido Iberocar Gestoso e os responsables da revista especializada "Yo Taxi", organizaron unha charla para o sector do taxi na que puideron expoñer os beneficios dos seus novos vehículos ecolóxicos, nun entorno inmellorable; o Pazo de Rubiáns.
  • Cuntis e Caldas traballarán conxuntamente para orientar laboralmente aos parados de ambos concellos
    CALDAS DE REIS> O concello de Caldas únese a unha iniciativa conxunta co concello de Cuntis, para favorecer a inserción laboral principalmente daqueles grupos de idade, que por diferentes circunstancias teñen máis difícil acceder a un posto de traballo. 
HomeGaliciaNovembro deixa máis parados en O Salnés e en O Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook