09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Xunta e Deputación acondicionarán a Grande Ruta do Medievo

Dec 11 Escrito por 
A CORUÑA> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informaron esta mañá sobre as liñas básicas do convenio asinado recentemente entre ambas administracións. O acordo está baseado en tres eixos fundamentais, que pasan pola promoción do Camiño Inglés, a Rota do Medievo de San Andrés de Teixido, e o Turismo Industrial. A Xunta e a institución provincial investirán uns 97 mil euros na mellora integral e a sinalización da Ruta do Medievo, da que ademais editaranse dez mil folletos informativos. A través do acordo entre as dúas administracións instalaranse ata 54 puntos de código QR ao longo de todo o Camiño Inglés Cun investimento de máis de 55 mil euros, a Deputación mantén tamén a súa aposta polo Turismo Industrial e financiará un estudo para a creación de novas rutas e a formación de empresas susceptibles de participar nelas.
Etiquetado como Galicia    A Coruña    Xunta de Galicia    Deputación A Coruña    Convenio    camino ingles    rota do medievo    turismo de galicia   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Portos de Galicia dirixe o futuro da náutica galega
    GALICIA> Portos de Galicia aproveitou o seu paso polo salón náutico da Rochelle, en París, para definir a estratexia que seguirá o ente nos vindeiros anos no eido da náutica de recreo. Segundo explicou o seu presidente, José Juan Durán, que os portos acollan embarcacións de grandes esloras e captar os tránsitos de catamaráns, son algúns dos obxectivos. No Salón Náutico Internacional de París, Portos de Galicia asomouse ás últimas novidades que se están a dar no sector. A tendencia apunta a un crecemento das vendas de barcos de grandes esloras. Un nicho de mercado no que está interesado o ente autonómico. Outra das liñas de traballo na que se esforza o ente é na captación dos tránsitos de catamaráns. Un mercado cara o que Portos de Galicia está a dirixir a náutica dos vindeiros anos. O Salón Náutico Internacional de París rematará o vindeiro 10 de decembro.
  • O concello asina convenios de colaboración con AEMPE e ZZMM
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra asinou esta mañá dous convenios de colaboración coas asociacións AEMPE e Zona Monumental. Unha sinatura mediante a cal AEMPE recibirá 16 mil euros anuais ata o 2021, e Zona Monumental 22 mil ata finais do vindeiro ano.
  • O PEL da Deputación crea máis de 1400 postos de traballo en tan só un ano
  • O Intecmar celebra o seu 25 aniversario con xornadas de portas abertas
    VILAGARCÍA > O Intecmar conmemora o seu 25 aniversario. Para celebralo, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño abre as súas portas a todo aquel que o desexe, coa intención de dar a coñecer a súa labor, centrada no control da calidade do medio mariño. Hoxe celebrouse a primeira dunha serie de visitas guiadas. Era o ano 1992 cando a Xunta poñía en marcha en Vilaxoán o INTECMAR, un organismo centrado na protección e mellora da calidade do medio mariño e no fomento da produción de moluscos baixo os limiares de máxima calidade. Daquela chamábase Centro para o Control da Calidade do Medio Mariño e a súa capacidade de resposta era limitada. 25 anos despois, e convertido xa nunha referencia mundial no sector, o INTECMAR decidiu abri-las súas portas para dar a coñecer os seus múltiples campos de actuación. O Instituto organizou catro xornadas de portas abertas, de calquera tipo de perfil. Hoxe celebrouse a primeira desas citas, cunha conferencia impartida polos propios expertos do centro na que se deron a coñecer os diversos quefaceres do Instituto en materia de seguridade alimentaria, sanidade animal e contaminación. A xornada completouse cun percorrido polas instalacións, permitindo afondar nas súas funcións e na historia do centro. No mes de xaneiro desenvolveranse as outras tres xornadas guiadas, para as que xa non quedan prazas. Ante a boa acollida da iniciativa, dende o Intecmar valoran xa a posibilidade de lanzar novas datas para o mes de febreiro.
  • O presidente da Deputación anuncia novas melloras da seguridade viaria en Rianxo
    RIANXO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Rianxo para anunciar dúas obras de seguridade viaria que veñen de ser aprobadas no último pleno da corporación provincial. Trátase dun treito de medio quilómetro no vial entre Rianxo e Bexo e o remate da senda peonil en Burés.
  • A Deputación da Coruña incrementa nun 20% o servizo de teleasistencia domiciliaria
    BARBANZA> A área de Servizos Sociais inviste neste programa preto dos 500 mil euros, dando resposta ós 88 concellos con menos de cincuenta mil habitantes da provincia. Con este programa de teleasistencia domiciliaria que desenvolve a Deputación da Coruña, a través da área de Servizos Sociais, búscase promover o benestar das persoas maiores, persoas con diversidade funcional e dependentes. O servizo botaba a andar no ano 1999, aínda que foi nestes últimos anos cando experimentou un aumento progresivo na súa demanda, dando resposta ós 88 concellos da provincia con memos de 50 mil habitantes. Na actualidade a Deputación é o organismo que asume o custe íntegro do programa, cunha achega económica de preto dos 500 mil euros. Trátase en definitiva dun servizo que vén a dar seguridade e confianza ás persoas que máis o necesitan, permitíndolles poder estar en contacto con persoal especializado as 24 horas do día os 365 días do ano, axudándoos ante calquera situación de emerxencia que puidera ocorrer.
HomeGaliciaXunta e Deputación acondicionarán a Grande Ruta do Medievo Top of Page

Síguenos en facebook