• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Última semana para as candidaturas ós IV Premios de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal

Feb 18 Escrito por 
GALICIA> Queda algo máis dunha semana para que se peche o prazo de presentación de candidatos ó IV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal - Fundación La Rosaleda. Como en anos anteriores, o Premio está dotado con 15.000 euros, unha cantidade que permitirá ó gañador continuar cos seus traballos de investigación sobre esta enfermidade, tal e como fixeron en anos anteriores os reputados oncólogos e investigadores internacionais Mariano Barbacid, José Baselga ou López Otín. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o día 27 deste mes de febreiro. O dito premio poderán presentarse profesionais que desenvolvan a súa actividade en centros de investigación ou sanitarios, públicos ou privados, de calquera parte do mundo. O fallo do xurado darase a coñecer a partir do próximo 23 de marzo, para posteriormente proceder á celebración do acto de entrega do galardón ó gañador. As bases completas do Premio están dispoñibles na páxina web da Fundación(www.fundacionlarosaleda.org).
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rajoy desbota que os lumes se produciran por 'casualidade'
    GALICIA> A crítica situación que se está a vivir en Galicia trouxo esta mañá ata a comunidade ao presidente do goberno. Mariano Rajoy visitou diferentes puntos da provincia de Pontevedra, entre eles o concello de Vigo e o posto de mando avanzado instalado en Pazos de Borbén. Rajoy estivo acompañado polo presidente autonómico, que a primeira hora celebraba un consello da xunta extraordinario para condenar a vaga de lumes e recordar os catro falecidos. Tamén para decretar tres días de loito oficial en Galicia. O presidente do goberno desprazouse esta mañá a algunhas das zonas máis afectadas pola vaga de lumes que asolaga a comunidade. Tras participar nunha concentración en Vigo en memoria dos catro falecidos, Rajoy visitou o posto de mando avanzado en Pazos de Borbén. No encontro mantido co presidente da Xunta e os mandos dos corpos de seguridade do Estado, Mariano Rajoy amosouse disposto a facilitar toda a axude que se precise dende a Xunta. Anunciou que 700 membros da Unidade Militar de Emerxencias se trasladaron ata Galicia, con máis de 10 medios aéreos que traballan na extinción dos lumes. Antes de reunirse co presidente do goberno, o rexedor autonómico celebrou unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Alberto Núñez Feijóo analizou co seu equipo a situación polos lumes e recordou aos catro falecidos nos incendios. Tamén anunciou o decreto de tres días de loito oficial. No seu discurso, Núñez Feijóo agradeceu o traballo dos equipos de extinción, e destacou a solidariedade dos veciños que sairon á rúa para colaborar na loita contra as lapas. Tamén apuntou que nunca houbo tantos medios para a extinción dos lumes como neste mes de outubro, e agradeceu a colaboración que está a chegar dende o Estado e outras Comunidades Autónomas.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Sanidade distribuirá 560 mil vacinas antigripal na campaña deste ano
    BARBANZA> O obxectivo da campaña non é outro que tratar de minimizalo impacto desta enfermidade na poboación, especialmente nos grupos de maior risco. A campaña de vacinación antigripal deste ano iniciarase o vindeiro 23 de outubro e prolongarase ata o 29 de decembro. Neste tempo a consellería de Sanidade pretende distribuír unhas 560 mil vacinas entre a poboación, dirixíndose especialmente aqueles grupos de idade de maior risco como poden ser persoas maiores de sesenta anos. Como medida extraordinaria este ano sanidade adquiriu unhas trinta mil vacinas mais, coa previsión de mellorar os resultados da campaña do ano anterior, mantendo a oferta de vacinación a tódalas persoas incluídas nos grupos de risco, de xeito totalmente gratuíto, co fin de aumentar as coberturas. A consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser centros penitenciarios, entre outros.
  • Malestar ante o coeficiente redutor na xubiliación dos mariñeiros
    Pontevedra> O problema dos coeficientes redutores da idade de xubilación para os mariñeiros galegos volve a saír a flote. A CIG denuncia, que mediante unha circular do director do Instituto Social da Mariña, os mariñeiros de palangreiros e arrastreiros conxeladores non poden acollerse ao coeficiente redutor do 0.40.
  • Feijóo apela ó traballo conxunto para afrontar os retos de futuro da pesca galega
    BARBANZA> O presidente da Xunta mantivo unha xuntanza co Consello Galego de Pesca para analizar os retos de futuro do sector. Alberto Núñez Feijóo apelou ó traballo conxunto para afrontar temas trascendentais como o Brexit, a negociación das cotas ou a flexibilidade nos descartes.
  • Galicia representará á España ante a UE en materia de Pesca
    GALICIA> Galicia volverá representar ás comunidades españolas ante a Unión Europea en materia de Pesca. Así o acordou o Consello Consultivo de Política Pesqueira despois de que Castela León, a quen lle correspondía a representación neste semestre, cedera o seu posto a Galicia.
HomeGaliciaÚltima semana para as candidaturas ós IV Premios de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal Top of Page

Síguenos en facebook