• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Portos e Agan+ presentan en París un pioneiro cruceiro polos portos galegos

Dec 14 Escrito por 
PARÍS> O Salón Náutico de París despediuse por este ano. Unha das citas máis importantes da náutica despediuse onte, despois dunha fin de semana dedicada a coñecer as novidades deste mundo. Dende Portos de Galicia non quixeron perderse este escaparate. Por iso, dende o Stand de Turismo de Galicia presentaron un novo modelo de cruceiro costeiro entre os portos galegos, en colaboración coa Asociación Galega de Actividades Náuticas.
  Portos de Galicia e a Asociación Galega de Actividades Náuticas, AGAN+, desembarcaron o venres stand de Turismo de Galicia no Salón Náutico de París. Ambos aproveitaron este escaparate para presentar un proxecto piloto no que están a traballar: un cruceiro costeiro entre os portos autonómicos galegos. Con esta oferta de tres días de navegación polas Rías Baixas, chamada “Os Tesouros das Rías de Galicia”, queren pór en valor os recursos náuticos e turísticos da comunidade, ofrecendo un paquete completo con aloxamento, navegación e coñecemento do patrimonio. Outra das novidades é que os cruceiros utilizarán novas tecnoloxías de realidade aumentada, desenvolvidas en Galicia. Un dos aspectos que tivo mellor acollida. A proba de fogo deste proxecto será no mes de abril. Concretamente, entre os días 15 e 17 farase a primeira viaxe deste cruceiro, cun percorrido entre Vigo e Vilagarcía. A do Salón Náutico non foi a única cita importante da fin de semana para a náutica galega. Tamén se celebrou unha reunión da Rede NEA, centrada na preparación da candidatura a fondos comunitarios para o vindeiro ano. Segundo o acordado, as actuacións dirixiranse a desenvolver e innovar a náutica, incluído a creación de cruceiros e cabotaxes costeiros interrexionais para facer do espazo Atlántico unha referencia nos minicruceiros a nivel europeo.
 
Etiquetado como Galicia    Portos de Galicia    agan+   
Publicado en GALICIA
Modificado por última vez no Luns, 14 Decembro 2015 19:00

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A ría de Pontevedra tivo un 31% máis de tránsitos que en agosto de 2016
    PONTEVEDRA> Os peiraos autonómicos da provincia de Pontevedra recibiron 1.500 barcos en tránsito durante o mes de agosto, un 13 por cento máis que o ano pasado. E se falamos da Ría de Pontevedra, o aumento foi dun 31 por cento. Son algunhas das cifras máis destacadas que esta mañá ofreceu o Presidente de Portos de Galicia, no Balance dos Tránsitos de agosto. Os portos de titulariedade autonómica da provincia de Pontevedra recibiron 1.527 barcos en tránsito durante o pasado mes de agosto, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións. O que supón un 13 por cento máis que o mes de agosto do 2016. UN crecemento que sentiu tamén nas Rías Baixas e a Nivel Autonómico. Así o transmitiu esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, desde as oficinas portuarias de Pontevedra. O porto de Combarro en Poio foi o que recibiu un maior número de tránsitos na provincia, doblando case a cifra do ano pasado. Outro dato salientable é o do impacto económicos que deixan estas embarcacións durante a súa estancia nos portos galegos e nas súas vilas. O presidente da entidade fixo unha valoración positiva deste crecemento constante, xa que a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural tal e como recolle o Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020.
  • Malestar ante o coeficiente redutor na xubiliación dos mariñeiros
    Pontevedra> O problema dos coeficientes redutores da idade de xubilación para os mariñeiros galegos volve a saír a flote. A CIG denuncia, que mediante unha circular do director do Instituto Social da Mariña, os mariñeiros de palangreiros e arrastreiros conxeladores non poden acollerse ao coeficiente redutor do 0.40.
  • Portos de Galicia inviste no Xufre uns 21.000 euros
    A ILLA> Portos de Galicia mellora as condicións de traballo no porto do Xufre na Illa de Arousa. O ente autonómico investiu nestas accións uns 21.000 euros, que tal e como lles diciamos, axudaran a mellorar as condicións dos traballadores que fan uso do porto.
  • Aposta decidida pola náutica na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
    PONTEVEDRA> A aposta por potenciar Galicia como destino náutico é decidida. Esta mañá en Pontevedra presentouse o proxecto Ecodestin, que busca potenciar este sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa, financiada con fondos europeos, conta con dous millóns de orzamento, e levarase en principio a dezasete portos galegos. Potenciar Galicia como destino náutico único e educativo é o obxectivo do Proxecto Ecodestin. A iniciativa busca integrar o patrimonio na oferta náutica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O plan conta cun investimento de máis de 2 millóns de euros, e desenvolverase dende o 2017 ao 2019. Combarro, Sanxenxo, Cabo da Cruz, Vilagarcía de Arousa ou Cambados son algúns dos portos galegos sobre os que actuará este plan, aos que se suman oito portugueses. A intención é atraer visitantes nacionais e, sobre todo, internacionais, facendo especial fincapé na promoción en Francia, Alemaña, Países Escandinavos e Norte América. Ofrecendo un produto completo e atractivo. Ademais deste proxecto, nas rías galegas xa funcionan os minicruceiros, os dez ferries previstos para o mes de setembro e as excursións en veleiro. Todo dando forma a unha oferta náutica que agarda estar a pleno rendemento o vindeiro ano.
  • Portos comeza a 4ª fase de limpeza de dársenas
    Pontevedra> Dende Portos de Galicia presentaron esta mañá a 4ª fase do plan de limpeza de dársenas. Un plan que se executará en 5 zonas da provincia entre os que se atopa o porto de Vilanova de Arousa e o de Meloxo, no Grove. Os traballos comezarán o 18 deste mes.
  • O turismo marítimo medra un 12% no mes de xullo
    Pontevedra>O presidente de Portos de Galicia fixo esta mañá balance das embarcacións que pasaron polas Rías Baixas no mes de xullo. Durán anunciou un aumento do 12 por cento nas Rías Baixas en relación ao pasado 2016. No ámbito de toda a provincia foron en torno a 1000 as embarcacións que pasaron por Pontevedra.
HomeGaliciaPortos e Agan+ presentan en París un pioneiro cruceiro polos portos galegos Top of Page

Síguenos en facebook