• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

FITUR co Ano Xubilar da Misericordia

Xan 25 Escrito por 
GALICIA> Gastronomía e Camiño de Santiago son dous dos expoñentes galegos que máis se ven reflectidos no stand de Galicia en FITUR; mais este ano non só eles centrarán a atención. Varios dos eventos que pasarán ao longo do 2016 pola nosa terra recóllense no seu espazo de charlas e conferencias, como son a Volta España ou o Ano Xubilar da Misericordia.
  A Galicia máis acolledora e hospitalaria amósase aos visitantes de Fitur coma un libro aberto. Precisamente este acontecemento que traspasa o relixioso foi o tema do evento inaugural do expositor galego en Fitur coa presenza da Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. O camiño de Santiago é por tradición o elemento catalizador de visitantes a Galicia. Este 2016 coa celebración do Ano Xubilar da Misericordia decretado polo Papa Francisco, Galicia abre a porta a novos turistas e peregrinos cos que esperan chegar ao obxectivo de 5 millóns de visitantes. Unha exposición acerca da acollida e hospitalidade no Camiño, outra da Memoria da Gran Pobreza ou concertos nunha serie de espazos xubilares son parte da programación que oferta este ano para potenciar o encontro de novas formas de solidariedade como avanzaba a Directora de Turismo de Galicia. Un ano xubilar de hospitalidade e acollida que prepara a Galicia para o próximo ano Xacobeo en 2021.
Etiquetado como FITUR    camino xacobeo   
Publicado en GALICIA
Modificado por última vez no Luns, 25 Xaneiro 2016 13:59

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Balance positivo do paso por Fitur do "camiño pola costa"
    Pontevedra> Balance máis que positivo é o que fixo esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra despois do seu paso por Fitur. Carmela Silva dixo que o camiño portugués pola costa tivo 1.9 millóns de impactos. A presidenta sentíase orgullosa  do alcance da súa campaña que duplicou en número de asistentes ao resto de Deputacións galegas. 
  • As Rías Baixas ocupan un lugar destacado na promoción galega en Fitur
    MADRID> Esta mañá comezaba en Madrid a trixésimo sétima edición da Feira Internacional de Turismo. Un evento que ata o domingo atraerá ata a capital de España as mellores propostas turísticas de todo o mundo. A nosa comunidade, e en concreto as Rías Baixas, ocuparán un lugar destacado no maior encontro global de profesionais do sector.     
  • A Deputación de A Coruña presenta a súa aposta turística en Madrid
    MADRID> Durante esta xornada inaugural da Feira Internacinoal do Turismo en Madrid, a Deputación da Coruña foi unha das entidades máis madrugadoras en dar a coñecer as súas aposta turísticas para este novo ano. No acto desta mañá, promovido pola área de Turismo da Deputación, deleitouse ós asistentes coa presentación  da diversidade coa que nos agasallan os camiños coruñeses. 
  • Cambados Cidade Europea do Viño 2017 estréase en Fitur
    CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra tamén estivo presente esta mañá en Fitur, neste caso no Stand de Tour España, presentando ó concello de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. Como xa demos conta neste informativo, trátase dunha das noticias máis relevantes para o turismo das Rías Baixas neste ano, e hoxe en Madrid presumiron de novo título.
  • Traballo a contrarreloxo para presentar en Fitur as actividades da Cidade Europea do Viño
    CAMBADOS> Cambados traballa a bo ritmo para preparar a súa programación como Cidade Europea do Viño 2017. Hoxe Exposalnés acolleu a primeira reunión do grupo de traballo que se vai a encargar de pór en marcha as actividades. Ao redor de 80 propostas que terán que estar definidas a finais de xaneiro, para ser presentadas en Fitur.
  • Núñez Feijóo clausura o stand de Galicia en FITUR
    O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitaba este venres o stand de Galicia como peche ao apartado profesional da Feira que mañá se abre a todo o público. Feijóo fixo un repaso polas virtudes da comunidade e recalcou que aquel que a visita, regresa.
HomeGaliciaFITUR co Ano Xubilar da Misericordia Top of Page

Síguenos en facebook