09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

O Camiño dos Faros: a ruta da Costa da Morte

Xan 25 Escrito por 
GALICIA> 6 xeodestinos turísticos leva a provincia de A Coruña a Fitur nesta trixésimo sexta edición. Un dos máis demandados a Costa da Morte, que se promove como un lugar privilexiado para os amantes da natureza e o deporte cunha ruta nacida fai dous anos e coñecida como O Camiño dos Faros.
  Precisamente nesta xornada inaugural a Costa da Morte tivo un especial protagonismo. As 11 desta mañá dábase a coñecer por parte da Deputación da Coruña, O Camiño dos Faros, unha ruta de sendeirismo que une, pola costa, as localidades de Malpica de Bergantiños e Fisterra. 200 quilómetros ao borde do mar que recorren todos os faros e principais puntos de interese da Costa da Morte. Un entorno privilexiado monumental, natural e histórico que mantén a súa identidade sen masificacións turísticas. Así promovía esta mañá o deputado provincial de turismo a provincia de A Coruña e en especial a Costa da Morte. Diversidade na oferta turística, beleza natural e bos servizos cos que pretenden crear riqueza e emprego. O Camiño dos Faros, unha ruta de sendeirismo única que xa percorreron máis de 11.300 persoas dende a súa creación, e que une a 9 concellos da provincia e a Deputación da Coruña, pretende converterse neste 2016 en sendeiro insignia dentro do estado e fóra das súas fronteiras.
Etiquetado como Sendeirismo    ruta    Coruña   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Mar destina máis de 200 mil euros ó proxecto do centro de visitantes ría de Muros-Noia
    NOIA> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaba a localidade para coñecer este proxecto que estará situado no edificio do antigo Casino.
  • A Xunta inviste 200.000 euros en colexios de Porto do Son
    PORTO DO SON> A Xunta de Galicia, a través da súa área de Educación, vén de investir un total de preto de 200.000 euros en distintos centros escolares do concello de Porto do Son. Esta mañá o Delegado Territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou algunhas das melloras realizadas. 
  • Lousame e Boiro promoven un novo roteiro a San Finx
    LOUSAME> Os concellos de Lousame e Boiro colaborarán un ano máis na organización da cuarta edición da ruta de sendeirismo entre as Minas de San Finx e San Ramón de Bealo. A ruta, que terá lugar o sábado catro de xuño, contará cun percorrido de doce quilómetros e estará recomendada para persoas de tódalas idades cun nivel de esforzo medio-baixo. A ruta ten unha cota de inscrición de catro euros e as persoas interesadas en participar poden anotarse xa tanto en Lousame, na Oficina de Deportes, coma en Boiro, na Oficina de Turismo.
  • A Deputación da Coruña destina trinta millóns de euros o Plan de Emprego Local
  • A Deputación da Coruña destina trinta millóns de euros o Plan de Emprego Local
    A CORUÑA> A Deputación da Coruña aposta forte en materia de políticas laborais. Este xoves presentábase o novo plan de emprego local ó que o ente provincial destinará trinta millón de euros, ata o ano 2019. O obxectivo é a creación de tres mil empregos directos.
  • A Ruta do Padre Sarmiento en FITUR
    A Mancomunidade do Salnés presenta en FITUR a Ruta do Padre Sarmiento, un camiño a Compostela pola comarca que rememora a última viaxe deste ilustrado que pasou gran parte da súa vida en Pontevedra.
HomeGaliciaO Camiño dos Faros: a ruta da Costa da Morte Top of Page

Síguenos en facebook