• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Grandes acordos para o Clúster de Turismo en FITUR

Xan 25 Escrito por 
GALICIA> O Clúster de Turismo de Galicia participa en Fitur co obxectivo de superar os 5 millóns de visitantes para este 2016 na nosa comunidade. O seu presidente valorou moi positivamente a presenza da agrupación de empresarios nesta Feira Internacional, tanto no apoio a presentacións e conferencias de distintas entidades e productos galegos como no seu espazo reservado ás negociacións.
  Un gran espazo propio amosa a presenza do Clúster de Turismo no expositor de Galicia en FITUR. A súa zona de negocios está continuamente chea de empresas e organismos que procuran chegar a acordos cos que atraer turismo a Galicia. A colaboración público privada traballa da man nas presentacións e conferencias que se realizan no stand. O obxectivo de todas estas iniciativas é común, chegar a superar a cifra dos 5 millóns de visitantes e abrir Galicia a novos mercados nacionais e internacionais.  O Salnés tamén ten o seu espazo nesta feira internacional onde se queren consolidar como destino turístico por excelencia.
Etiquetado como Acordo    Turismo    FITUR   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Muros mergúllase no seu pasado mariñeiro
    MUROS> Dende hoxe ata o domingo as rúas do casco histórico da vila engalánanse para acoller as xornadas de cultura mariñeira ‘Muros Mira o Mar’, que este ano chegan á súa décimo terceira edición. Artesanía, música, exposicións, obradoiros, gastronomía e sobre todo moito mar. Muros inicia hoxe e ata o próximo domingo as xornadas de cultura mariñeira ‘Muros Mira o Mar’. A deste ano é a súa décimo terceira edición e o programa é do máis completo. Sen dúbida un dos aspectos máis relevantes desta celebración radica na implicación de tódolos muradáns. Un feito que destacan dende o propio Concello e que fai que a festa teña un maior protagonismo.
  • A praia muradá de San Francisco xa loce bandeira azul
    MUROS> Esta mañá a alcaldesa, María Xosé Alfonso, xunto co edil Medio Ambiente, Xosé Manuel Quintela, procedían ó izado do distintivo que premia a calidade das augas e as instalacións, así como tamén a prestación de servizos neste areal. O areal de San Francisco, en Louro, volverá a lucir este ano a bandeira azul. É xa algo habitual nos últimos anos. Trátase dunha das praias máis concorridas do municipio. Dende o Concello destacaron a importancia de poder contar unha vez máis con este distintivo, garantía de calidade e de prestación de servizos. Ademais a alcaldesa sinalou que dende o Concello séguese aa postar por mellorar as súas prestacións e servizos. Este ano coa adquisición dunha segunda cadeira anfibia para poder ser empregadas por persoas de mobilidade reducida. A pesar de que san Francisco é sen dúbida un dos areais estrela do municipio, ó ser a que recibe cada verán a máis cantidade de bañistas, o equipo de goberno non descoida tampouco o resto de praias existentes do municipio. Existindo a posibilidade de que en vindeiros anos poidan optar tamén a este distintivo.
  • O concello presenta a 10 das empresas que viaxarán na misión comercial a México
    Pontevedra> O Concello de Pontevedra deu a coñecer o nome de dez empresas que formarán parte da misión comercial a México. Unha cita que o Goberno prepara para finais do mes de agosto. A concelleira de Promoción da cidade lembrou que a misión segue aberta para empresas que estean interesadas.
  • 78,36% de ocupación para este verán nas Rías Baixas
    Pontevedra> A presidenta da Deputación deu a coñecer, esta mañá, unha estimación moi prudente, da ocupación hoteleira para este verán. As Rías Baixas contarán cunha ocupación media do 78,36%. Concellos como os de Cambados, O Grove e Sanxenxo colgarán, durante o mes de agosto, o cartel de completo.
  • A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio
    A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
  • A seguridade en Sanxenxo, prioridade para o alcalde e a Subdelegada
    SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
HomeGaliciaGrandes acordos para o Clúster de Turismo en FITUR Top of Page

Síguenos en facebook