09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

As Cíes, a gastronomía e o mar de Vigo en FITUR

Xan 25 Escrito por 
VIGO> O mar de Vigo, a súa gastronomía e as Illas Cíes. Nestes tres puntos se centrou a presentación da cidade olívica no stand de Galicia en FITUR. O alcalde Abel Caballero aproveitou a ocasión para pedir de novo a declaración das illas como Patrimonio Medioambiental da Humanidade.
  A xornalista María Díaz presentaba esta mañá no espazo expositivo de Galicia en Fitur o spot promocional Somos Mar. Un vídeo que co que Vigo se reafirma no seu pasado, presente e futuro mariñeiro e no que lembra a importancia deste sector na economía da zona e na vida das súas xentes. A gastronomía non podía faltar na presentación que se fixo patente coa intervencións dos chefs do restaurante estrela Michelin Maruja Limón que loubaron as propiedades dun produto único que non hai que adornar e que sempre sabe mellor degustado na cidade. As Illas Cíes, que conteñen a mellor praia do mundo segundo xornais como The Guardian e Daily Telegraph e unha biodiversidade extensa, centraron a exposición cunha recapitulación de varias das especies insignia deste enclave e a súa evolución co tempo. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou a ocasión para reclamar a declaración das Illas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Nun repaso por todos os atractivo que ofrece a cidade, Caballero, non perdeu a oportunidade para invitar a todos a coñecer Vigo e a visitalo a lo menos unha vez.
Etiquetado como FITUR    Vigo   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Balance positivo do paso por Fitur do "camiño pola costa"
    Pontevedra> Balance máis que positivo é o que fixo esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra despois do seu paso por Fitur. Carmela Silva dixo que o camiño portugués pola costa tivo 1.9 millóns de impactos. A presidenta sentíase orgullosa  do alcance da súa campaña que duplicou en número de asistentes ao resto de Deputacións galegas. 
  • As Rías Baixas ocupan un lugar destacado na promoción galega en Fitur
    MADRID> Esta mañá comezaba en Madrid a trixésimo sétima edición da Feira Internacional de Turismo. Un evento que ata o domingo atraerá ata a capital de España as mellores propostas turísticas de todo o mundo. A nosa comunidade, e en concreto as Rías Baixas, ocuparán un lugar destacado no maior encontro global de profesionais do sector.     
  • A Deputación de A Coruña presenta a súa aposta turística en Madrid
    MADRID> Durante esta xornada inaugural da Feira Internacinoal do Turismo en Madrid, a Deputación da Coruña foi unha das entidades máis madrugadoras en dar a coñecer as súas aposta turísticas para este novo ano. No acto desta mañá, promovido pola área de Turismo da Deputación, deleitouse ós asistentes coa presentación  da diversidade coa que nos agasallan os camiños coruñeses. 
  • Cambados Cidade Europea do Viño 2017 estréase en Fitur
    CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra tamén estivo presente esta mañá en Fitur, neste caso no Stand de Tour España, presentando ó concello de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. Como xa demos conta neste informativo, trátase dunha das noticias máis relevantes para o turismo das Rías Baixas neste ano, e hoxe en Madrid presumiron de novo título.
  • Traballo a contrarreloxo para presentar en Fitur as actividades da Cidade Europea do Viño
    CAMBADOS> Cambados traballa a bo ritmo para preparar a súa programación como Cidade Europea do Viño 2017. Hoxe Exposalnés acolleu a primeira reunión do grupo de traballo que se vai a encargar de pór en marcha as actividades. Ao redor de 80 propostas que terán que estar definidas a finais de xaneiro, para ser presentadas en Fitur.
  • Vilagarcía e Vigo apostan pola mellora das conexións
      Vilagarcía> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu hoxe no concello, ao seu homónimo de Vigo, Abel Caballero. Ambos alcaldes mantiveron unha reunión, acompañados por integrantes dos dous executivos, na que intercambiaron diferentes opinións sobre políticas sociais.
HomeGaliciaAs Cíes, a gastronomía e o mar de Vigo en FITUR Top of Page

Síguenos en facebook