• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Minicruceiros galegos para abril de 2016

Xan 26 Escrito por 
GALICIA> Galicia terá por primeira vez dúas liñas de cruceiros propios que navegarán polas Rías. Portos de Galicia presentaba tamén esta mañá en FITUR a Regata das Illas Atlánticas na que se espera a presenza do Rei emérito Juan Carlos I.
  Dúas liñas de minicruceiros navegarán a partir deste abril deste ano polas rías galegas. A Asociación Galega de Actividades Náuticas en colaboración con Portos de Galicia pon en marcha este proxecto piloto de cruceiros que atraerán a Galicia a visitantes de todo o mundo. As dúas liñas terán duración diferentes. Unha realizarase durante as fins de semana e a outra, de máis duración, estará enfocada aos viaxes de luxo. Ademais e contando coa presenza do presidente do Club Náutico de San Vicente do Mar tamén se presentou a próxima edición da regata Illas Atlánticas na que se inscribe o segundo Rallye La Baule-San Vicente que atraerá embarcacións internacionais do Atlántico este e ao mesmo Rei emérito de España. Dous proxectos náuticos que beneficiarán a tódolos concellos polos que pasen.
 
Etiquetado como Turismo    FITUR    Portos de Galicia   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Arrincan as obras dos pantaláns de O Xufre
    ILLA> A Consellería do Mar inicia os traballos de construción dos pantaláns pesqueiros no porto de O Xufre, en A Illa de Arousa. A actuación conta cun orzamento de máis de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións da terceira lista. Xa están en marcha os traballos de construción dos pantaláns para as embarcacións pesqueiras no peirao de O Xufre. Tralo traballo en fábrica, agora se están a instalar os módulos na zona. A actuación conta cun orzamento de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións pesqueiras que se ordenarán en tres filas en pantaláns. Esta capacidade dá resposta á demanda actual de prazas, e permitirá cubrir necesidades futuras. Deste xeito, Portos de Galicia atende unha demanda da Confraría de A Illa de Arousa. O patrón amosouse satisfeito cos traballos, e pediu a colaboración dos mariñeiros ante as posibles molestias que poidan xerar as obras. Calcúlase que a obra quedará rematada nun prazo de tres meses.
  • Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo
    Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
  • A ponte de maio deixa un 77,15% de ocupación nas Rías Baixas
    Pontevedra> A Ponte de Maio deixou un 77, 15 por cento de ocupación na provincia, 15 puntos máis que no mesmo período do pasado ano. Concellos como o do Grove superou o 80 por cento e Pontevedra o 90. Uns datos, que segundo a Presidenta da Deputación, son máis que positivos para as Rías Baixas.
  • As consultas turísticas aumentaron un 35% en Arousa Norte esta Semana Santa
    BARBANZA> As cifras sitúan a esta comarca coma unha das máis relevantes dentro da oferta da nosa comunidade.
  • Pontevedra rexistra os mellores datos de ocupación na Semana Santa dende o 2010
    Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir a mellor Semana Santa dende o ano 2010 cun 85,59 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo e O Grove tiveron un 100% de ocupación nos días fortes deste periodo vacacional, entre o xoves e o domingo.
  • O inicio da rexeneración do porto noiés é cuestión de días
    NOIA> Todo listo en Noia para o inicio das obras de rexeneración da zona portuaria. O presidente de Portos de Galicia visitará o peirao onde xa está instalada a maquinaria para executar a primeira fase do dragado.
HomeGaliciaMinicruceiros galegos para abril de 2016 Top of Page

Síguenos en facebook