09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

Récord de visitas ó stand de Galicia en Fitur

Xan 26 Escrito por 
SANTIAGO> Máis de 74.000 persoas visitaron este ano o stand de Galicia en Fitur. A nosa comunidade bate así récord de visitas nesta Feira Internacional do Turismo nunha edición na que tivo un protagonismo destacado ó dirixir a cea de gala dos Premios á Excelencia e Innovación Turística. Se estas visitas ó stand de Fitur se traducen en viaxeiros, desde a Xunta confían en acadar este 2016 os 5 millóns de turistas.  
  Máis de 74.000 visitas no stand de Galicia e trescentos contactos con axencias de viaxes, maioristas e empresas do sector. É o balance da edición máis exitosa xa para Galicia en Fitur.   A Feira Internacional do Turismo de Madrid permitiu ó sector turístico galego establecer contactos con operadores estatais, pero tamén de mercados internacionais tan atractivos como China, Rusia, Reino Unido ou Italia. Uns encontros de traballo que sumados ós milleiros de visitantes que pasaron nos cinco días polo stand, fan confiar á Xunta en que este 2016 se podería lograr o obxectivo dos 5 millóns de turistas.   O Camiño de Santiago mantívose como o maior atractivo turístico de Galicia en Fitur xunto coa gastronomía. Realizáronse máis de vinte catas con produtos galegos nas que participaron máis de 600 persoas, chegando incluso a haber colas nalgúns momentos. Pero se houbo un escaparate no que a cociña galega brilou foi na gala dos Premios á Excelencia e á Innovación Turística da Organización Mundial do Turismo. O chef Pepe Solla e os alumnos do Centro Superior de Hostalaría de Galicia foron os encargados de compracer os padais dos comensais.   Clausurada este domingo, Fitur conseguiu superar este 2016 as 232.000 visitas, un seis por cento máis que no 2015, e reuniu a máis de nove mil seicentas empresas de 165 países do mundo.    
Publicado en GALICIA

HomeGaliciaRécord de visitas ó stand de Galicia en Fitur Top of Page

Síguenos en facebook