• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

Núñez Feijóo clausura o stand de Galicia en FITUR

Xan 26 Escrito por 
O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitaba este venres o stand de Galicia como peche ao apartado profesional da Feira que mañá se abre a todo o público. Feijóo fixo un repaso polas virtudes da comunidade e recalcou que aquel que a visita, regresa.
  Núñez Feijóo visitaba esta mañá o espazo expositor de Galicia coñecendo en profundidade a parte adicada a cada unha das 7 cidades galegas, ao Camiño de Santiago e aos artesáns que participan este ano na trixésimo sexta edición de FITUR. Especial atención adicou á mostra de Entroidos de Galicia que participa por primeira vez este ano.Na súa intervención quixo destacar as razóns polas que a comuniade é o destino de moitos viaxeiros que encontran nela motivos moi diferentes polos que coñecela. O obxectivo deste 2016 e superar a barreira dos 5 millóns de visitantes despois dos 4.600.000 que o fixeron en 2015, unha cifra que se vai superando ano tras anos. O Camiño de Santiago como catalizador de moitas das visitas que chegan a Galicia volve a marcar un récord e agora xa son máis os extranxeiros que realizan a viaxe para gañar a compostela que os españois que o fan. Feijóo quixo lembrar que non é fácil chegar a Galicia nin coñecela pola súa posición no mapa pero recalcou que os que o fan, regresan.
Etiquetado como Xunta de Galicia    FITUR    Turismo   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O BNG emprenderá unha batalla legal e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa
    Pontevedra> O BNG emprenderá unha batalle legar e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa. Os nacionalistas consideran que esta empresa quere chegar a un acordo pola porta de atrás. Dende o Bloque teñen claro que o PP e o Goberno Galego apoian a continuación de Elnosa na ría de Pontevedra.
  • Secundanda ao 100% a folga no transporte na comarca de Pontevedra
    Pontevedra> A folga no transporte tivo nesta segunda xornada un seguimento do 100 por 100 na comarca de Pontevedra. Dende os sindicatos teñen claro que continuarán con estes paróns ao longo das vindeiras semanas. De non chegar a un acordo coa Xunta, plantexarán unha folga indefinida co fin de loitar polo ben dos traballadores e tamén dos usuarios do transporte público.
  • A seguridade en Sanxenxo, prioridade para o alcalde e a Subdelegada
    SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
  • O campo de traballo recuperará a senda do Terrón-Patiñas
    VILANOVA> Vilanova de Arousa repite este ano como sé dun dos campos de traballo organizados pola Xunta de Galicia. Vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos gozarán do entorno e de diferentes actividades deportivas, ao mesmo tempo que se ocupan da limpeza da senda costeira do Terrón-Patiñas. Vilanova repite como sé dun dos campos de traballo organizados pola Xunta de Galicia. O concello recibirá vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos e procedentes de diferentes países, para participar neste encontro que abordará cuestión ambientais e relacionadas co medio mariño. O campo terá como actividade principal a limpeza da senda da costa do Terrón-Patiñas, área de gran valor ecolóxico e turístico. Tamén realizarán tarefas de recuperación da arquitectura mariñeira da zona do Illote da Insuíña. Esta mañá, o Conselleiro de Política Social e o rexedor vilanovés asinaban o convenio para organizar esta actividade. Varela e Durán destacaron o importante papel que xogan como ferramenta na educación non formal da mocidade. Neste verán a Xunta organizará 28 campos de traballo nas catro provincias galegas, ofertando case 10 mil prazas.
  • Máis de 300.000 euros para mellorar os camiños do rural de O Salnés
    PONTEVEDRA> 3,2 millóns de euros para mellorar os camiños rurais. Esta é a contía que a Xunta de Galicia repartirá entre os municipios da provincia de Pontevedra. En concreto, a achega para as localidades da comarca de o Salnés acadará os 318 mil euros. Fixar a poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Estes son algúns dos obxectivos do Plan de fixación da Xunta de Galicia, dotado con 231 millóns de euros. Hoxe en Pontevedra a Conselleira do Medio Rural presentou unha das iniciativas concretas: o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. Co fin de conseguir a cohesión territorial, Medio Rural destinará 3,2 millóns de euros para a provincia de Pontevedra, dos que 318 mil recaerán en concellos da comarca de O Salnés. Hoxe o plan foi presentado aos rexedores e concelleiros pontevedreses. Estes fondos, que se repartiron dacordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias, permitirá actuar nuns 650 quilómetros en toda a comunidade ao longo dos vindeiros dous anos. En toda Galicia, o investimento será de 16 millóns de euros.
  • Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo
    Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
HomeGaliciaNúñez Feijóo clausura o stand de Galicia en FITUR Top of Page

Síguenos en facebook