• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

Reto 2017: vender o triple de viño en Alemania

Feb 23 Escrito por 
SANTIAGO> As Denominacións de Orixe vinícolas galegas poñen a súa ollada no mercado alemán co obxectivo de acadar o millón oitocentos mil litros de viños exportados ó país ó final de 2017. É o triple do que están a exportar actualmente as 80 adegas galegas que comercializan as súas elaboracións no mercado xermano. Para iso, participarán nun plan de promoción auspiciado polo Igape e que se presentou esta mañá en Santiago.  
  Conscientes do gran valor que supón o mercado alemán, cuarto país do mundo no que máis viño se consume e terceiro importador no ranking internacional, Xunta e Consellos Reguladores van a unirse para deseñar unha estratexia conxunta coa que conseguir triplicar de aquí a 2017 o volume de vendas a este país.   Chegar ó millón oitocentos mil litros de viño vendido en Alemaña. Ese é o obxectivo. E para conseguilo, deseñaranse distintas accións de promoción no país baixo o paraugas da marca Galicia Calidade, orientadas ó sector profesional e ó consumidor final. A primeira delas, o próximo mes de marzo na feira Prowein. Os mercados internacionais amósanse nestes intres como unha gran saída para os viños das cinco Denominacións de Orixe vinícolas galegas. Só no último ano, a cifra de negocio das exportacións de viño galegas acadou os 42,3 millóns de euros. Un 6,1 por cento máis que en 2014.  
 
Publicado en GALICIA

HomeGaliciaReto 2017: vender o triple de viño en Alemania Top of Page

Síguenos en facebook