• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 166

Cando cooperar se traduce en innovar

Feb 25 Escrito por 
CAMBADOS> Hai agora trinta anos nacía en Cambados Adegas Martín Códax. O seu xermolo como cooperativa aparecía un ano antes, con 50 viticultores que se asociaron no Salnés coa fin de iniciar un proxecto vitivinícola.  
  O precedente sentado por Martín Códax callou e moito no sector vitivinícola de Rías Baixas, amosando que a asociación de viticultores para a elaboración de viño traía consigo vantaxes moi diversas. Unha mostra foi o espectacular crecemento en volume de socios, ata o punto de converterse hoxe en día na cooperativa máis grande da Denominación de Orixe.   A profesionalización do sector foi un dos primeiros retos que se marcaron estes socios. Compartir sabiduría, novas técnicas de coidado dos viñedos, e avanzar nos métodos de produción de uva foron os primeiros pasos que se deron en conxunto.   A medida que a cooperativa se foi consolidando, comezaron a dotarse dunha estrutura técnica que lles permitira seguir avanzando nesa profesionalización do coidado da terra, pero tamén na produción do viño. A aposta pola innovación e os avances tanto en campo como en adega sempre foron as guías desta cooperativa. E cunha masa social forte, tiñan o respaldo para ir avanzando.   E é que hoxe en día, os socios de Martín Códax non só poden contar co asesoramento directo nas súas parcelas de técnicos de campo expertos. Tamén están ó día das últimas modificacións normativas en materia vitivinícola, como a obriga nestes intres de contar cun carnet de aplicador de produtos fitosanitarios, ou a esixencia de cara final de ano de pasar unha revisión ás máquinas coas que se aportan estas materias.   Pero as vantaxes dos cooperativistas non quedan aquí. Martín Códax traballa xa na creación dunha tenda agraria propia, na que os viticultores poidan adquirir os produtos que precisen para os coidados dos seus viñedos a prezos vantaxosos, ademais de contar co consello profesional dun técnico. Ou un servizo específico para maquinaria.   Unha das claves do éxito dunha cooperativa é contar cun plan estratéxico e ir dando pasos para conseguilo. No caso de Martín Códax, a ollada púxose desde os inicios na innovación, e nestes intres son punteiros na DO Rías Baixas na investigación de viticultura, colaborando co ámbito universitario para avanzar cada día máis.   E ese relevo xeracional estase a producir, o que demostra non só que a viticultura é unha actividade de futuro, senon tamén que o cooperativismo se revela como unha fórmula sostible de creación de emprego.   Riqueza da que se benefician os cooperativistas, pero tamén toda a comarca do Salnés á que pertencen estas familias.  
Etiquetado como Martín Códax   
Publicado en GALICIA
Modificado por última vez no Xoves, 25 Febreiro 2016 18:41

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os Premios Martín Códax da Música "quentan motores" antes da gala de maio
    CAMBADOS> Este xoves a adega Martín Códax anunciou os 57 finalistas que neste 2017, e por primeira vez serán sometidos ao criterio dun xurado profesional, que se encargará de determinar os gañadores dos Premios Martín Códax da Música que se celebrarán o vindeiro 3 de maio en Pontevedra.
  • Martín Códax ultima a vendima
    RIBADUMIA> Terceira semana de vendima e a Denominación de Orixe Rías Baixas achégase ao peche da campaña. Na adega cambadesa Martín Códax continúan inmersos nos traballos, recollendo a uva das súas 2.000 hectáreas de viñedo. Tranquilidade e alta calidade, son as palabras máis repetidas para definir este ano.
  • Martín Códax reparte 7.500 euros dos Xoves de Códax entre cinco entidades sociais
    CAMBADOS>   A adega Martín Códax entregou esta mañá o recadado na venda de entradas dos Xoves de Códax ás cinco entidades sociais beneficiadas. En total 7.500 euros que irán para proxectos sociais e de apoio á investigación de enfermidades, á doentes e ás súas familias.  
  • O albariño Martín Códax estará presente no Festival de Cine Español de Londres
    A organización do evento escolleu ó Rías Baixas como viño que degustarán os asistentes á inauguración e ás recepcións convocadas entre hoxe e o domingo, debido ó apoio que a adega cambadesa vén amosando ó mundo do cinema e á cultura en xeral tanto en Galicia como a nivel internacional. O 5th Spring Weekend do London Spanish Film Festival amosará nestes días unha selección dos mellores filmes producidos en España o pasado ano, como ‘El Niño’, de Daniel Monzón, ‘La Isla Mínima’, de Alberto Rodríguez, ou ‘Todos están muertos’, de Beatriz Sanchís.
  • Martín Códax prepara a súa adega a dúas semanas do arranque da vendima
     
  • Martín Códax prepara a súa adega a dúas semanas do arranque da vendima
    CAMBADOS> Nas adegas tamén comeza a conta atrás para a recollida da uva. Martín Códax, por exemplo, prevén comezar coa vendima a semana do 22 de setembro, de aí que estean a traballar para acondicionar as súas instalacións. Unha das últimas actuacións foi a pavimentación dunha das explanadas anexas á adega, financiada pola Deputación de Pontevedra.
HomeGaliciaCando cooperar se traduce en innovar Top of Page

Síguenos en facebook