• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Xunta forma os 'Líderes de Futuro'

Mar 02 Escrito por 
GALICIA> Dende o pasado 26 de febreiro, corenta e cinco mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos teñen máis papeletas para converterse nos líderes de futuro. Son os escollidos que están a participar no novo programa da Xunta de Galicia que, baixo este nome, busca fomentar habilidades e capacidades máis aló do eido académico.
  Líderes de Futuro é unha nova aposta da Consellería de Política Social. Estréase este ano cun programa innovador e único, que mestura a formación teórica coa práctica, con seminarios, obradoiros e, incluso, actividades ao aire libre para pór a proba as súas habilidades persoais e directivas. Diferenciarse para triunfar. Esta é a clave. Nun momento de alta competitividade no mercado laboral, as empresas buscan algo máis que a formación nos seus candidatos. Tamén nos ámbitos social e cultural. E aquí é onde entran o tipo de habilidades que se fomentan neste programa da Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta é a primeira edición, pero Líderes de Futuro nace con vocación de continuidade, no marco da Estratexia de Xuventude posta en marcha pola Xunta. Unha estratexia transversal, na que participan todas as consellerías, para organizar actividades que afonden no benestar da mocidade. Todo o programa ‘Líderes de futuro’ conta con mentores e relatores de primeira liña. Eles serán os encargados de transmitir aos mozos e mozas as claves para chegar a ser un líder, e orientalos no seu camiño.5 O programa estrutúrase en dúas fases. A primeira delas prolóngase ata o 30 de marzo, e inclúe o seminario “Liderar na xuventude. Motivación para o éxito” e os obradoiros “Sacar o máximo partido do meu estilo de comunicación”, “A xestión de emocións con intelixencia” e “A organización: sacando o máximo partido dos meus colaboradores e de min mesmo”. Tamén as actividades de outdoor training, a escoller entre karts, paintball ou golf. Ese traballo individualizado é o que se realizará na segunda fase do programa. Só 25 dos participantes poderán acceder, e contar con mentores que os acompañarán na consecución dos seus obxectivos particulares, axudándolles a planificar os seus pasos. Estas sesións de coaching personalizado celebraranse entre o 8 de abril e o 6 de maio. Recordemos que os participantes son mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos. Máis aló destes puntos en común, os seus perfís son moi variados. Precisamente, as diferenzas nas súas procedencias é unha mostra clara do carácter transversal das habilidades e competencias que buscan adquirir no programa. Onde si coinciden é nos motivos que os levaron a apuntarse a este Líderes de Futuro. Potenciar as súas habilidades comunicativas e abrirse portas no mercado laboral, foron os principais incentivos que os animaron a inscribirse. Eles son os afortunados que estrean este ambicioso ‘Líderes de Futuro’ e que axudarán a medir o éxito desta nova aposta da Xunta de Galicia e da Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude.
 
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo
    Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
  • Sete concellos de O Salnés entre os de "especial risco" de gripe aviar
    RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas que rexistrar as aves de uso doméstico a fin de previr ou localizar problemas no hipotético caso de que se localice algún caso de gripe aviar na zona.
  • O Museo da Conserva da Illa estrea caldeira de biomasa
    ILLA> O Museo da Conserva na Illa conta cunha nova caldeira de biomasa. Unha instalación que contamina menos e permite un maior aforro no consumo. O alcalde da vila, Carlos Iglesias recibiu o delegado da Xunta en Pontevedra para amosarlle esta nova equipamento que foi financiada entre a administración local e a autonómica.
  • O anteproxecto do emisario submarino da ría estará listo para xuño
    Pontevedra> A conselleira de Medio Ambiente e a de Mar mantiveron esta mañá unha reunión coas confrarías da ría e alcaldes dos concellos afectados. Beatriz Mato anunciou que o anteproxecto do emisario submarino estará no mes de xuño. Dito emisario terá unha lonxitude de 3,5 quilómetros e estará situado lonxe das bateas.
  • Luminarias novas en Ribadumia que axudan a diminuír o consumo
    RIBADUMIA> Ribadumia conta cunha nova instalación de alumeado público no zona de A Torre e a rúa Mosqueiro. Un cambio que permite ao concello un aforro no consumo eléctrico superior ao 50 % de media entre as dúas zonas, e que foi posible a través da orde de compensación ambiental de Vicepresidencia da Xunta de Galicia en colaboración co concello do municipio.
  • Unha fochanca podería custar unha sanción de 5.000 euros a Cambados
    CAMBADOS> O concello de Cambados podería enfrontarse a unha sanción de 5.000 euros da Xunta de Galicia. O motivo: unha fochanca no firme da estrada da avenida de Vilagarcía. O goberno autonómico asegura que un problema na tubaxe municipal é a responsable. O executivo local, pola súa banda, critica o mal estado xeral deste vial de titularidade autonómica. O concello de Cambados vén de recibir unha proposta de inicio de expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia polo afundimento do firme no punto quilométrico 9 da estrada PO-559, Cambados-Vilagarcía. O goberno autonómico responsabilízaos da fochanca que apareceu na zona. O goberno local xa solicitou un informe a Viaqua para averiguar se realmente a tubaxe é a responsable do problema, pero non ocultan a súa sorpresa por esta posible sanción. O executivo cambadés sinala que o firme leva anos deteriorado, e que a tubaxe non é unha obra recente. Incluso aseguran que xa interviron en varias ocasións con cargo ás contas municipais. Abal pediu ademais a colaboración de todas as administracións, recordando a importancia de manter en bo estado as infraestruturas tendo en conta o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño.
HomeGaliciaA Xunta forma os 'Líderes de Futuro' Top of Page

Síguenos en facebook