• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

5.500 visitantes na I Feira da Enerxía de Galicia

Abr 18 Escrito por 
GALICIA> A Feira da Enerxía de Galicia pecha a súa primeira edición cunha afluencia que supera os 5.500 visitantes entre profesionais e consumidores. O evento, no que participaron 241 firmas de 16 países, contou cun programa de máis de 70 conferencias e actividades.
  Un total de 5.500 profesionais e consumidores do sector enerxético pasaron esta semana pola Feira da Enerxía de Galicia que tivo lugar no recinto feiral de Silleda. Máis de 240 firmas de 16 países diferentes que se deron cita e entre os que se encontraban moitas das máis importantes do sector de España, Portugal e Francia. Nun espazo de 11.000 metros cadrados os expositores amosaron as últimas novidades en produtos e servizos de enerxías renovables e convencionais, eficiencia enerxética, electrónica industrial, iluminación e outros. Unha área expositiva que se complementou cunha programación que abrangueu unhas 70 actividades e conferencias. A organización valorou moi positivamente a participación de expositores e visitantes e as impresións recibidas sobre o contido e o programa do certame, polo que se amosaron moi satisfeitos con esta primeira edición.
 
Etiquetado como Enerxía    Feira    Galicia   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia representará á España ante a UE en materia de Pesca
    GALICIA> Galicia volverá representar ás comunidades españolas ante a Unión Europea en materia de Pesca. Así o acordou o Consello Consultivo de Política Pesqueira despois de que Castela León, a quen lle correspondía a representación neste semestre, cedera o seu posto a Galicia.
  • Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia
    Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar.
  • Rosa Quintana reúnese co novo Secretario Xeral de Pesca
    GALICIA> Alberto López-Asenjo comprométese a traballar na mellora da xestións das cotas.
  • O Museo conmemora o seu premio da Cultura Galega
    Pontevedra> O Sexto Edificio de Pontevedra vestiuse de longo na fin de semana para celebrar un acto con motivo da entrega do Premio da Cultura Galega ao Museo. Un evento onde dende a Deputación apostaron por abrir os edificios que están pechados deste centro cultural, e por impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos. 
  • Ata o 5 de febreiro o recinto feiral acollerá a XIV edición de Stock Pontevedra
    Pontevedra> 68 establecementos danse cita no Stock Pontevedra 2017. Unha feira que celebra a súa décimo cuarta edición  no recinto feiral. Dende hoxe e ata este domingo 5 de febreiro en horario de 11:00 da mañá a 21:00 da noite poderán desfrutar deste evento con multitude de produtos aos mellores prezos. 
  • Enoturismo Galicia presentouse ante o público de Fitur 2017
HomeGalicia5.500 visitantes na I Feira da Enerxía de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook