• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Portos promociona 'Cruceiros Costeiros de Galicia' en La Rochelle

Out 03 Escrito por 
FRANCIA> Esta fin de semana, Portos de Galicia repetiu presenza no Salón de La Rochelle, en Francia. Dende o stand da Xunta, pensado para dar a coñecer a oferta de turismo náutico na nosa comunidade, o ente promocionou unha das súas últimas apostas: Cruceiros Costeiros de Galicia.
  Os Cruceiros Costeiros de Galicia non faltaron a unha das citas máis importantes da náutica de recreo. Esta fin de semana, a proposta deuse a coñecer no Salón de La Rochelle, en Francia. Dende Portos de Galicia fixeron fincapé na alta calidade desta oferta, que busca posicionarse nos países do arco atlántico europeo a través dunha imporante labor de promoción. Ademais da presentación oficial no stand da Xunta de Galicia, Portos repartiu diferente material promocional entre os participantes na feira. Un esforzo importante, refrendado pola relevancia do país galo no mundo do turismo náutico. Na feira tamén estiveron representados diferentes instalacións náuticas galegas, entre elas o Náutico de San Vicente de Pedras Negras ou o de Combarro. O obxectivo último, segundo explican dende a Xunta, é establecer contactos comerciais e posibilidades de negocio internacional.
 
Publicado en GALICIA
Modificado por última vez no Mércores, 18 Xaneiro 2017 19:09

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rajoy desbota que os lumes se produciran por 'casualidade'
    GALICIA> A crítica situación que se está a vivir en Galicia trouxo esta mañá ata a comunidade ao presidente do goberno. Mariano Rajoy visitou diferentes puntos da provincia de Pontevedra, entre eles o concello de Vigo e o posto de mando avanzado instalado en Pazos de Borbén. Rajoy estivo acompañado polo presidente autonómico, que a primeira hora celebraba un consello da xunta extraordinario para condenar a vaga de lumes e recordar os catro falecidos. Tamén para decretar tres días de loito oficial en Galicia. O presidente do goberno desprazouse esta mañá a algunhas das zonas máis afectadas pola vaga de lumes que asolaga a comunidade. Tras participar nunha concentración en Vigo en memoria dos catro falecidos, Rajoy visitou o posto de mando avanzado en Pazos de Borbén. No encontro mantido co presidente da Xunta e os mandos dos corpos de seguridade do Estado, Mariano Rajoy amosouse disposto a facilitar toda a axude que se precise dende a Xunta. Anunciou que 700 membros da Unidade Militar de Emerxencias se trasladaron ata Galicia, con máis de 10 medios aéreos que traballan na extinción dos lumes. Antes de reunirse co presidente do goberno, o rexedor autonómico celebrou unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Alberto Núñez Feijóo analizou co seu equipo a situación polos lumes e recordou aos catro falecidos nos incendios. Tamén anunciou o decreto de tres días de loito oficial. No seu discurso, Núñez Feijóo agradeceu o traballo dos equipos de extinción, e destacou a solidariedade dos veciños que sairon á rúa para colaborar na loita contra as lapas. Tamén apuntou que nunca houbo tantos medios para a extinción dos lumes como neste mes de outubro, e agradeceu a colaboración que está a chegar dende o Estado e outras Comunidades Autónomas.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Villares respalda ao persoal do Hospital fronte á 'xordeira' da Xunta
    VILAGARCÍA> A Xunta de persoal do Hospital do Salnés mantén a súa loita contra a reforma da Lei de Saúde, e os representantes políticos continúan mantendo encontros con eles. Hoxe foi o voceiro de En Marea, Luis Villares, o que se desprazou ata o centro comarcal. Dende aí, revalidou o compromiso da súa formación para que a Xunta abandone a reforma. A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés continúa a recibir apoios na súa loita contra a reforma da Lei de Saúde que prepara a Xunta de Galicia. Esta mañá, o voceiro de En Marea, Luis Villares, trasladou o seu apoio aos representantes dos traballadores. Aínda que polo de momento non hai informacións que indiquen un cambio de postura da Consellería de Sanidade, Villares destacou a importancia da mobilización social para frear o cambio. Dende a Xunta de Persoal agradeceron o interese da formación. Tamén explicaron que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública reanudará as súas accións para informar á cidadanía das consecuencias que, aseguran, traerá este cambio. O colectivo comezará as charlas informativas no concello de A Illa de Arousa o vindeiro mércores 18 de outubro. Será ás 8 da tarde no salón de plenos do concello.
  • Portos acometerá diversas actuacións de mellora no peirao de Palmeira
    RIBEIRA> As actuacións, entre as que figura a substitución dun dos módulos do dique flotante que se atopaba deteriorado, terán un custe duns 30 mil euros. Atendendo a unha demanda trasladada polo patrón maior, Miguel Franco, Portos de Galicia desenvolverá diversas obras de mellora nas instalacións do porto de Palmeira. Trátase, en definitiva, de pequenas actuacións propias dos labores de mantemento e conservación que o ente autonómico vén desenvolvendo de xeito periódico nas instalacións portuarias. As actuacións, que serán realizadas de inmediato, contarán cun investimento duns 30 mil euros.
  • Sanidade distribuirá 560 mil vacinas antigripal na campaña deste ano
    BARBANZA> O obxectivo da campaña non é outro que tratar de minimizalo impacto desta enfermidade na poboación, especialmente nos grupos de maior risco. A campaña de vacinación antigripal deste ano iniciarase o vindeiro 23 de outubro e prolongarase ata o 29 de decembro. Neste tempo a consellería de Sanidade pretende distribuír unhas 560 mil vacinas entre a poboación, dirixíndose especialmente aqueles grupos de idade de maior risco como poden ser persoas maiores de sesenta anos. Como medida extraordinaria este ano sanidade adquiriu unhas trinta mil vacinas mais, coa previsión de mellorar os resultados da campaña do ano anterior, mantendo a oferta de vacinación a tódalas persoas incluídas nos grupos de risco, de xeito totalmente gratuíto, co fin de aumentar as coberturas. A consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser centros penitenciarios, entre outros.
  • Portos retira sete toneladas de refugallo dos fondo mariños de O Grove e Vilanova
    VILANOVA> O Plan de Limpeza de Fondos Mariños, que anualmente realiza Portos de Galicia, centrouse este ano en cinco concellos, entre os que estaban Vilanova e O Grove. En concreto entre as intervencións nos fondos de estes dous concellos retiráronse más de sete toneladas de lixo.
HomeGaliciaPortos promociona 'Cruceiros Costeiros de Galicia' en La Rochelle Top of Page

Síguenos en facebook