• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Portos de Galicia leva a súa oferta náutica a Fitur 2017

Xan 19 Escrito por 
GALICIA> Portos de Galicia tamén estivo en Fitur presentando a súa oferta náutica para este 2017 que acaba de comezar. Ademais anunciouse a celebración da Regata Illas Atlánticas e o proxecto "Navega o Camiño".
 
Etiquetado como Galicia    Portos de Galicia    oferta nautica    fitur 2017   
Publicado en GALICIA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Arrincan as obras dos pantaláns de O Xufre
    ILLA> A Consellería do Mar inicia os traballos de construción dos pantaláns pesqueiros no porto de O Xufre, en A Illa de Arousa. A actuación conta cun orzamento de máis de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións da terceira lista. Xa están en marcha os traballos de construción dos pantaláns para as embarcacións pesqueiras no peirao de O Xufre. Tralo traballo en fábrica, agora se están a instalar os módulos na zona. A actuación conta cun orzamento de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións pesqueiras que se ordenarán en tres filas en pantaláns. Esta capacidade dá resposta á demanda actual de prazas, e permitirá cubrir necesidades futuras. Deste xeito, Portos de Galicia atende unha demanda da Confraría de A Illa de Arousa. O patrón amosouse satisfeito cos traballos, e pediu a colaboración dos mariñeiros ante as posibles molestias que poidan xerar as obras. Calcúlase que a obra quedará rematada nun prazo de tres meses.
  • Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia
    Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar.
  • O inicio da rexeneración do porto noiés é cuestión de días
    NOIA> Todo listo en Noia para o inicio das obras de rexeneración da zona portuaria. O presidente de Portos de Galicia visitará o peirao onde xa está instalada a maquinaria para executar a primeira fase do dragado.
  • A confraría da Pobra demanda máis vixilancia e o aumento de calado no porto
    POBRA> A confraría da Pobra demanda unha serie de melloras nas instalacións portuarias. Unhas encamiñadas a dotar o peirao de máis seguridade contra os roubos e as outras para facilitar o traballo dos profesionais.
  • Portos mellorará o pavimento da rampla de varada de Aguiño
    RIBEIRA> Portos de Galicia investirá cincuenta mil euros na mellora do firme da rampla de varada en Aguiño. Esta actuación, que estará finalizada antes do verán, mellorará as condicións de traballo dos profesionais do mar que levaban tempo denunciando o seu deterioro.
  • Tragove ensaia contra a contaminación
    CAMBADOS> O porto de Tragove púxose esta mañá a proba ante a chegada dunha ficticia mancha de hidrocarburo. A Consellería do Mar, Salvamento Marítimo e a confraría de Cambados ensaiaron todo o dispositivo que habería que pór en marcha para minimizar o impacto do episodio contaminante. Simulacro no porto de Tragove. Todas as alarmas, ficticias, iso si, saltaban na dársena cambadesa: unha mancha de fuel podía pór en perigo bateas e bancos marisqueiros. 41 persoas, vehículos e embarcacións participaron neste exercicio, entendido como un adestramento para recrear a actuación que se realizaría de producirse un episodio deste tipo na vida real. Como tería que suceder ante unha situación deste tipo, Consellería do Mar, Salvamento Marítimo e Confraría de Cambados traballaron de xeito coordinado. Unha proba máis para ter ben engraxada a maquinaria. Dende Portos de Galicia apuntaron que este tipo de exercicios se realizan de xeito regular, e se repiten nos diferentes portos de titularidade autonómica de toda Galicia.
HomeGaliciaPortos de Galicia leva a súa oferta náutica a Fitur 2017 Top of Page

Síguenos en facebook