• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Museo conmemora o seu premio da Cultura Galega

Feb 06 Escrito por 
Pontevedra> O Sexto Edificio de Pontevedra vestiuse de longo na fin de semana para celebrar un acto con motivo da entrega do Premio da Cultura Galega ao Museo. Un evento onde dende a Deputación apostaron por abrir os edificios que están pechados deste centro cultural, e por impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos. 
  Centos de persoas asistiron ao acto para celebrar o Premio Cultura Galega do Museo de Pontevedra. Un evento que tivo lugar no Sexto Edificio. Alí Xosé Leal lembrou que este premio é moi importante para a cidade e e para o Museo.  Leal destacou a importancia do Museo do que dixo que posúe un gran éxito ao traballo e a constancia.  O alcalde pola súa banda sentiuse orgulloso de poder contar na súa cidade cun punto cultural tan importante como o é o Museo de Pontevedra.  E a presidenta da Deputación, tamén presente neste acto, dixo que o Museo de Pontevedra significa todo para o patrimonio cultural.  Dende a deputación insistiron na necesidade de abrir os museos que están pechados e de impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos. Un acto onde a cultura estivo moi presente, e onde, tampouco faltou, como non podía ser doutro xeito a música.  
 
Etiquetado como premio    Cultura    Galicia    museo de pontevedra   
Publicado en CULTURA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia
    Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar.
  • Dous ciclos musicais encherán a programación cultural rianxeira ata decembro
    RIANXO> Trátase dun ciclo para novos intérpretes e outro para músicos máis consagrados.
  • Catro compañías actuarán na X Mostra de Títeres de Ribeira
    RIBEIRA> Catro compañías compoñen o cartel da Mostra de Títeres que, un ano máis, animará os sábados do mes de abril en Ribeira. Ademais dos grupos galegos, haberá presentación vasca e madrileña.
  • O Galo Fodorico xa ten data e hora para o seu enterro
    POIO> Este sábado 25 de marzo as 20:00 horas teñen unha cita en Poio. O Enterro do Galo Fodorico porá fin o entroido poiense. Fodorico Augusto Bastante finou aos 29 anos de idade e será incinerado o vindeiro 25 de marzo na praza de Arís en Poio. Así os poienses porán fin ao entroido deste 2017.
  • Os "12 meses, 12 punchis" da Compañía do Ruido
    RIBEIRA> “12 meses, 12 punchis” é o proxecto musical que está a desenvolver neste 2017 o grupo ribeirense “A Compañía do Ruido”. A formación levou a súa música ós alumnos do IES Número 1 de Ribeira dentro da programación da Semana Cultural do centro educativo.
  • Premio millonario en Boiro
    BOIRO> O sorteo do Euromillóns volveu tocar na comarca do Barbanza. Nesta ocasión non foi o premio de primeira categoría pero o dono do boleto agraciado gañará nada máis e nada menos que un millón de euros. Aínda que non se coñecea a identidade do afortunado, a papeleta foi selada na administración Bocacho de Ouro, en Boiro. Foi un dos cinco códigos premiados en España dentro do Sorteo especial O Millón Plus de Euromillóns, celebrado a noite do venres. Era a primeira vez que se repartían cinco premios dun millón de euros desde que cambiaran as características do xogo, a cambio dunha aposta de 2 euros e medio. Os outros catro agraciados adquiriron os boletos en Almería, Xixón. Xirona, e Xaén.
HomeGaliciaCULTURAO Museo conmemora o seu premio da Cultura Galega Top of Page

Síguenos en facebook