• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
GALICIA> Esta mañá o presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo visitou a Feira internacional de Turismo en Madrid, nun acto que pecha tres días de encontros e presentacións para os profesionais do sector. Durante o seu discurso no pavillón de Galicia destacou a calidade da oferta turística da comunidade e felicitou ós profesionais do sector por conseguir un ano máis bater o récord de visitantes durante o pasado 2016. 
Publicado en GALICIA
BARBANZA> No acto o presidente da Xunta incidiu na necesidade de que o sector conserveiro galego siga evolucionando da man da I+D+i.
Alberto Núñez Feijoo mantivo un encontro en Outes con simpatizantes e afiliados dos partidos xudiciais de Noia e de Corcubión. O presidente do PPdeG estivo acompañado neste acto polo seu homólogo na provincia da Coruña, Diego Calvo.
NOIA> O alcalde, Santiago Freire, e a tenente de alcalde, Marisol Villar, mantiveron unha reunión en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para abordar este asunto.
Publicado en portada
BOIRO> O presidente da Xunta visitou as instalacións de Jealsa en Boiro. Alberto Núñez Feijoo destacou a importancia desta empresa nun sector estratéxico para a economía galega como é a conserva. Recolleu ademais a demanda do presidente do grupo de seguir promovendo a excelencia nos controis de calidade para acabar coa competencia desleal.
PONTEVEDRA> O Partido Popular segue facendo autocrítica. A xunta directiva da formación en Pontevedra mantivo hoxe un encontro dirixido polo presidente galego para facer balance das municipais. Alberto Núñez Feijóo defendeu que o PP foi o gañador das eleccións, pero comprometeuse a renovar a formación para recuperar a súa posición.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
SALNÉS> O primeiro día da campaña en O Salnés tivo como convidado especial ao presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo estreou a mañá paseando pola Illa de Arousa na compaña do alcaldable popular na vila, Juan José González. Ao mediodía, a axenda levouno ata Caldas. Alí asistiu a un almorzo-mitin rodeado dun cento de militantes e de candidatos e alcaldes da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Reunión de empresarios en Pontevedra. Noventa persoas participaron este mediodía nun xantar para inaugurar o Foro Empresa Pontevedra, que busca aliñar a clase empresarial e asociacional pontevedresa para dar resposta ás súas necesidades. O ente tivo como padriño ao presidente da Xunta, que falou da saída da crise que está a vivir a economía galega. Entre os asistentes, notouse menos optimismo, e pediron máis axudas para as empresas e emprendedores.
Publicado en PONTEVEDRA
NOIA> O candidato do PP á alcaldía noiesa anunciaba esta proposta durante a presentación da súa candidatura, nun acto no que estivo arroupado polo presidente do partido en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e polo secretario provincial, Diego Calvo.
Páxina 1 de 2
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Alberto Núñez Feijóo Top of Page

Síguenos en facebook