Axudas aos concellos dende a Xunta

PONTEVEDRA>O director xeral da administracion local presentou esta mañá no edificio da Xunta de Pontevedra as duas liñas de axudas que lanzan dende o Goberno autonómico. Unha delas  destinada a concellos de menos de 10 habitantes afectados polos temporais deste inverno e a outra a asociacións veciñais e comunicades de augas do rural galego. 

 

Os concellos de menos de 10 mil habitantes que cumpran as reglas económicas establecidadas polo Goberno Central, que estiveran afectados polos temporais este inverto e que non recibiran máis de 20 mil euros do fondo de compensación poderán beneficarse das liñas de axutas que lanzan dende a Xunta de Galicia que contarán cun crédito máximo de 2 millóns de euros e que se destinarán a proxectos cunha inversion non superios aos 5 mil euros. 

Outra das liñas que presentaron dende o Goberno da Xunta é a destinada ás asociacións veciñais e as comunidades de augas, uns investimentos que contarán cun montante de 3 millóns de euros con inversión de 15 mil euros en obras e 5 mil para equipamentos. 

En total dende a xunta de galicia investirán 1 millón 50 mil na provincia de pontevedra debido ao importante tecido asociativo co que conta esta provincia. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/05/administracion_local_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/05/administracion_local_ponte.mp4{/flowplayer}