• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
POBRA> O PP da Pobra levará ó pleno deste xoves unha moción solicitando que se inicien os trámites para a ampliación do polígono industrial da Tomada. Na actualidade, xa están ocupadas o noventa por cento das parcelas que habilitaron na segunda fase.
RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico.
POBRA> O acto foi aproveitado tamén para presentar o libro A Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal.
RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado.
SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
RIBEIRA> Este venres iniciase a veda do polbo tras unha campaña máis que satisfactoria en capturas pero, sobre todo, en cotizacións. O prezo medio do quilo situouse en sete euros e medio acadando no que vai de ano unha facturación de máis dun millón de euros.
POBRA> O BNG da Pobra demanda a toma de medidas para garantir unha maior seguridade cidadá no municipio. Solicitan ademais que se cumpra cun acordo adoptado xa en 2003 polo cal se cedeu un local municipal á Garda Civil para manter un posto do instituto armado na vila.
RIBEIRA> Os veciños da zona da Carballa opóñense á ampliación do polígono de Xarás pola zona de Cudieiros. Ante esta opción, plantexada polo goberno, propoñen unha alternativa nuns terreos próximos cunha menor afección paisaxística e sen núcleos de poboación próximos.
BOIRO> O concello de Boiro adquiriu un novo camión de recollida do lixo para mellorar o servizo. O vehículo, valorado en máis de cento cincuenta mil euros, suporá un importante aforro tanto a nivel enerxético como de mantemento.
RIBEIRA> Oito agrupacións escolares participarán na vixésima Mostra de Teatro Infantil de Ribeira que se celebrará a próxima semana nomunicipio. Serán cinco centros educativos do municipio e outros tres convidades doutros concellos da comarca.
A inminente chegada do circo Viena a Ribeira tralos conflitos xurdidos no resto da comarca tampouco estará exenta de polémica. Dende o BNG veñen de presentar unha iniciativa para declarar ó concello, vila libra de circos e feiras con animais.
Páxina 1 de 249
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook