• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Os nacionalistas reclamarán diversas actuacións no porto como é o caso da construción de chabolas para os mariñeiros. O BNG de Ribeira trasladoulle ó seu grupo parlamentario as queixas dos mariñeiros de Corrubedo en relación ás deficiencias que presenta actualmente o porto da localidade, esixíndolle á Xunta de Galicia que dé expliacións sobre o seu estado de abandono e que se habiliten partidas orzamentarias para o seu arranxo e mellora. Entre outras actuacións reclaman a construción de chabolas para poderen traballar baixo cuberto e non baixo as inclemencias do tempo. Ademais solicitarán tamén a reparación das escaleiras, a sinalización viaria para evitar que os vehículos aparquen diante da rampla ou a mellora da iluminación na zona portuaria.
BOIRO> O BNG de Boiro respostou ás críticas formuladas polo alcalde en relación ó mal estado en que deixou o anterior goberno a praza da Boqueira de ANegral. Acusan ademais ó actual goberno de querer darlle un uso privado a esta infraestrutura.
Pontevedra> O BNG emprenderá unha batalle legar e social contra a incidencia supramunicipal de Elnosa. Os nacionalistas consideran que esta empresa quere chegar a un acordo pola porta de atrás. Dende o Bloque teñen claro que o PP e o Goberno Galego apoian a continuación de Elnosa na ría de Pontevedra.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O BNG presentará unha serie de iniciativas no Parlamento Galego co fin de loitar por un cambio de rumbo na política forestal. Os nacionalistas cren que o acontecido en Potugal debe levarnos á reflexión. O deputado do BNG, Luís Bará, ten claro que os incendios non se apagan nin con auga nin no verán senón cunha boa planificación e inversión na prevención.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O BNG de Ribeira recolle a preocupación dos veciños de Palmeira pola instalación dunha antena de telefonía móbil preto do campo de fútbol. Segundo os nacionalistas na dita zona xa existe outra antena, mais a que se pretende instalar agora vai ser moito máis potente e non se está tendo en conta a opinión da veciñanza para a súa colocación. Tanto o BNG como os propios veciños consideran que a dita instalación podería situarse nun lugar máis afastado e reducir as radiacións electromagnéticas que poden prexudicar a saúde. Os nacionalistas teñen intención ademais de realizar unha pregunta ó respecto no pleno do próximo luns para coñecer se a empresa xa solicitou permiso para a instalación da dita antena.
Pontevedra> O pleno da corporación non aprobou a moción que en Marea levou nesta xornada co fin de que o concello deixe de subvencionar con 40 mil euros ao ano a Praza de Touros. Dende o Goberno dixeron que se trata dun contrato privado co fin de poder utilizar estas inmediacións na Feira Franca.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O BNG de Ribeira reclama no Concello a canalización do río Listres, na zona de Areeiros. Segundo os nacionalistas á existencia dun aliviadoiro procedente dun dos tanques de tormentas da EDAR está a provocar frecuentes verteduras que causan estancamentos de augas residuais, o que leva consigo malos olores na zona.
NOIA> O BNG de Noia denuncia o incumprimento da normativa urbanística nas obras que se están a acometer no casco histórico. Botan en falta os paneis informativos co número de licenza e os detalles da actuación.
PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra non está satisfeito coa xestión que está a facer o goberno local da misión comercial a México. Trala comisión de Economía extraordinaria celebrada esta mañá, os populares acusan ao executivo de falta de transparencia. Unha falta de información que, aseguraron, podería ter detrás un caso de clientelismo. A reunión extraordinaria da comisión de Economía non despexou ningunha das dúbidas do Partido Popular. Tralo encontro, a formación acusaba ao executivo de falta de transparencia nas xestións da misión comercial que se desprazará ata México no mes de agosto. O presidente da comisión, o popular Rafael Domínguez, criticou tamén que non se aporten datos concretos das empresas que viaxarán, dos criterios de selección ou da axenda. Por iso acusou a Anabel Gulías de falta de experiencia. Pola súa banda, Anabel Gulías defendeu a postura do executivo. Segundo a edil, non se achegaron máis datos porque as conversas coas empresas aínda non están pechadas. A intención do executivo é que sexan vinte empresas as que acompañen á delegación pontevedresa, convidada para presentar o modelo urbano da cidade en México. A día de hoxe, Gulías asegurou que a visita espertou moito interese. Gulías tamén anunciou que o concello recibiu unha invitación da Comisión de Urbanismo do Senado de México para explicar o modelo urbano de Pontevedra. Un xesto que, para a edil, demostra que Pontevedra está no mapa.
Publicado en PONTEVEDRA
BOIRO> Transcorridos tan só uns meses da finalización das obras para dotar de beirarrúas a zona de Vilariño, o BNG de Boiro denuncia a falla de medidas de seguridade. Solicitan a dotación de pasos de peóns e a instalación de elementos de separación nos treitos máis perigosos.
SANXENXO> Esta mañá tamén se pronunciou o BNG sobre a situación que se está a vivir en Sanxenxo. A formación local viuse respaldada hoxe pola visita da súa voceira nacional. Para Ana Pontón, o acordo entre SAL e PP é un pelotazo á democracia. Ademais, os nacionalistas ven intereses urbanísticos detrás deste pacto. A voceira nacional do BNG respaldou hoxe en Sanxenxo aos seus compañeiros da formación a nivel local. Para Ana Pontón, o sucedido no municipio demostra o nerviosismo do Partido Popular de cara as vindeiras eleccións. Segundo o edil David Otero, non se coñecen os verdadeiros motivos que levaron aos tres edís de SAL a entregar a alcaldía a Telmo Martín. Para os nacionalistas, detrás do novo bipartito que dirixirá Sanxenxo hai intereses urbanísticos. O edificio ao que se referiu Otero é o coñecido como Valle Inclán, construído no Paseo de Silgar. Esta mañá, o edil de Urbanismo Daniel Fernández, informou que no mes de decembro a comunidade de propietarios do inmoble presentou un estudo de detalle no concello para a consolidación da fronte marítima. Solicitude que, asegurou, era coñecida polo voceiro do BNG. Pola súa banda, Pontón defendeu que o BNG continuará traballando para ofrecer unha alternativa aos veciños que seguen apostando polo cambio democrático.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> O BNG da Pobra demanda a toma de medidas para garantir unha maior seguridade cidadá no municipio. Solicitan ademais que se cumpra cun acordo adoptado xa en 2003 polo cal se cedeu un local municipal á Garda Civil para manter un posto do instituto armado na vila.
Páxina 1 de 31
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Bng Top of Page

Síguenos en facebook