BASES PROMOCIONAIS

I. INTRODUCCIÓN

A empresa  TV da Mancomunidade do Salnés S.L., con domicilio en Ribadumia (36636- Pontevedra) R/ O Freixo nº2 e CIF: B-36223600, e o seu proveedor de servizos audiotex van desenvolver un concurso-sorteo. Aquelas persoas que desexen entrar na promoción terán unha vía de participación:

1. Vía SMS: deberán enviar o alias TVSB maila PALABRA CLAVE ó 7372. O custe da chamada será de 1,20 € (IVE non incluido).

II.-BASES

PRIMEIRA.- A promoción será anunciada ós participantes a través do programa de periodicidade semanal Entre Rías e na web www.canalriasbaixas.com.

A promoción será anunciada ós participantes a través do programa de periodicidade semanal Entre Rías e na web.

SEGUNDA.- Poderán participar nesta promoción publicitaria todas aquelas persoas físicas que non teñan relación algunha, directa ou indirecta, coas empresas que realizan esta promoción publicitaria.

TERCEIRA.- Forma de participar e obtención dos premios:

Vía SMS: Os participantes deberán enviar dende o seu teléfono móbil a palabra TVSB xunto coa PALABRA CLAVE mensual especificada no programa ó número curto 7372, (nº total de mensaxes a enviar 1). Por cada mensaxe, cada participante será incluido nunha base de datos co número de teléfono móbil a través do que enviar as mensaxes. Polo tanto, para participar no sorteo unicamente se lle esixirá un número de teléfono móbil. De entre tódalas mensaxes recibidas extraerase MENSUALMENTE o gañador do concurso-sorteo.
                  
Os gañadores serán avisados pola empresa organizadora mediante unha chamada telefónica ó número de móbil a través do cal participarán.
Tras contactar telefonicamente cos gañadores, deberán poñelos en contacto coa empresa que outorga o premio.

CUARTA.- Datas

A promoción publicitaria iniciarase o día 11/11/05. A periodicidade do sorteo será MENSUAL.

  
QUINTA.-
 O organizador resérvase o dereito a efectuar calquera cambio nas bases da promoción, así como suspendela ou ampliala no momento que o considere oportuno por causa xustificada.

SEXTA.- A participación nesta promoción supón:

1. A plena aceptación das presentes bases. Ante posibles dúbidas na súa interpretación sempre prevalecerá o criterio do organizador.
2. A renuncia expresa ó foro que puidera corresponderlle, aceptando ós Xulgados e Tribunais e Pontevedra coma os competentes para dilucidar cualquera reclamación.

SÉTIMA.- O premio non poderá cambiarse polo seu importe en metálico.

OITAVA.- A empresa organizadora resérvase expresamente o dereito a modificar o premio indicado por outro de igual valor.

NOVENA.- As presentes bases poderán ser consultadas en www.canalriasbaixas.com

DÉCIMA.- Faise constar, ós efectos prevenidos na lexislación sobre Protección de Datos que a participación no concurso é voluntaria. Así mesmo faise constar que, como consecuencia da celebración do presente sorteo, non se solicitarán datos persoais dos intervinientes no concurso distintos dos necesarios. Os datos dos participantes serán destruidos unha vez entregados os premios.

Faise constar, ós efectos prevenidos na lexislación sobre Protección de Datos que a participación no concurso é voluntaria. Así mesmo faise constar que, como consecuencia da celebración do presente sorteo, non se solicitarán datos persoais dos intervinientes no concurso distintos dos necesarios. Os datos dos participantes serán destruidos unha vez entregados os premios.

DÉCIMO-PRIMEIRA.- TV da Mancomunidade do Salnés S.L. non se fai responsable de calquera dano ou prexuízo derivado da participación dos usuarios no concurso-sorteo ou da súa falla de dispoñibilidade debido a problemas de carácter técnico non imputables a TV da Mancomunidade do Salnés S.L.


DÉCIMO-SEGUNDA.- Non poderán participar nin os empregados de TV da Mancomunidade do Salnés S.L., nin do proveedor de contidos de servizos audiotex.