• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
LOUSAME> A actuación virá a mellorar a seguridade do tráfico na zona, ó tratarse dun dos puntos negros da rede viaria do municipio.
VILAGARCIA> Cativos do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía visitaron o composteiro que se instalou no parque do mesmo nome. Unha vez alí unha mestra composteira ensinoulles como funciona e faloulles dos beneficios de esta práctica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIROa A Deputación da Coruña acometerá a mellora da estrada de Cespón a Vidres en Boiro. Investiranse preto de oitocentos mil euros, dos cales cento cincuenta mil irán destinados á expropiación de terreos.
MADRID> Durante esta xornada inaugural da Feira Internacinoal do Turismo en Madrid, a Deputación da Coruña foi unha das entidades máis madrugadoras en dar a coñecer as súas aposta turísticas para este novo ano. No acto desta mañá, promovido pola área de Turismo da Deputación, deleitouse ós asistentes coa presentación  da diversidade coa que nos agasallan os camiños coruñeses. 
Publicado en GALICIA
BARBANZA> O premio, convocado pola Deputación da Coruña, está dotado con vinte e cinco mil euros, o de maior contía dos convocados en lingua galega. O xurado, composto por Ramón Nicolás Rodríguez, Mercedes Queixas Zas, Eva Moreda, Ledicia Costas e Mario Regueira, con Mercedes Fernández-Albalat de secretaria e Goretti Sanmartín de presidenta, daba a coñecer esta mañá a súa decisión. Da novela destacaron que está construída arredor dunha protagonista que é unha “personaxe feminina perfilada con solvencia que se bota un pulso a si mesma ante unha situación vital dramática”. Ademais o xurado valorou na obra de Eli Ríos a súa “capacidade de reflexionar sobre as duras circunstancias que acontecen na súa vida, cunha perspectiva de xénero, tecnicamente innovadora, exposta nunha corrente de consciencia que conmove o público lector”. A decisión tomouse por maioría despois dun prolongado debate entre dúas novelas finalistas. Luns convértese así na obra gañadora do primeiro Premio Torrente Ballester que se convoca en modalidade só para lingua galega. A novela impúxose sobre as dezaoito obras finalistas, das 101 presentadas ó certame. Unha cifra que duplica o ano que máis novelas en galego se presentaran a este premio, ó que, ata o de agora, podían concorrer conxuntamente obras en galego e español. O vindeiro martes, día 20 de decembro, está previsto que se dea a coñecer a novela gañadora do XXVIII Premio de narrativa Torrente Ballester para obras en español.
A CORUÑA> Axudar a sanear as economías municipais ou favorecer o mantemento do emprego local son algúns dos obxectivos do novo plan que impulsa a Deputación da Coruña para apoiar ós concellos. POS+2017, así se chama o programa, está dotado con 74 millóns de euros.   
BARBANZA> Estará dotado con 74 millóns de euros e será o de maior investimento contemplado para un plan na historia da institución provincial.
BARBANZA> A área de Igualdade da Deputación da Coruña estreou onte un documental que busca visibilizar e poñer en valor o deporte femenino, á vez que desmonta certos prexuízos existentes na sociedade sobre o rol da Muller. Deportistas e adestradoras galegas protagonizan “Contra os elementos”.
BARBANZA> A área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade e de Xénero da Deputación da Coruña, que dirixe a nacionalista Ánxela Franco, vén de facer pública as resolucións polas que se aproban as subvencións a entidades sen fins de lucro, por un importe total de case dous millóns de euros, nas catro convocatorias.
RIBEIRA> A Deputación da Coruña investirá uns 147 mil euros na construción dunha senda peonil na estrada DP-7.306, que une os núcleos de Aguiño con Carreira pola Graña.
BARBANZA> Na iniciativa tomarán parte uns trinta concellos da provincia, cunha ampla representación de municipios da comarca do Barbanza.
Publicado en DEPORTES
OUTES> A Deputación da Coruña investirá cento sesenta mil euros na humanización da travesía da Serra e de San Cosme.
Páxina 1 de 9
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Deputación A Coruña Top of Page

Síguenos en facebook