• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
BOIRO> A mostra coa que se pretende concienciar sobre as vantaxes desta enerxía renovable está organizada pola Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, en colaboración do Instituto Enerxético de Galicia.
GALICIA> A Feira da Enerxía de Galicia pecha a súa primeira edición cunha afluencia que supera os 5.500 visitantes entre profesionais e consumidores. O evento, no que participaron 241 firmas de 16 países, contou cun programa de máis de 70 conferencias e actividades.
Publicado en GALICIA
POIO> Con motivo da reapertura da Área de Rehabilitación Integral de Combarro, o Concello de Poio pon en marcha unha iniciativa na que une o patrimonio da vila, a concienciación sobre o aforro enerxético e o deporte. Un maratón de pedaleo e a primeira carreira pedestre que rematarán coa iluminación da fronte marítima de Combarro gracias a enerxía xerada polos propios veciños.
Publicado en PONTEVEDRA
 
Publicado en portada
O GROVE> A Toxa, escenario dunha presentación a nivel mundial. A Illa acolleu o nacemento oficial da primeira plataforma europea de investigación sobre economía da eficiencia enerxética, Ergon. Realizouse no marco do congreso que se está a celebrar sobre a materia, no que a elite científica defende o uso de políticas efectivas para fomentar o aforro.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ven de anulan esta amencida a subhasta eléctrica ó considerar que concorrían nela circunstancias atípicas. Deste xeito evita que se aplique a suba da luz de máis do once por cento prevista a partires de primeiro de ano.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra lidera un proxecto de aforro enerxético cos Concellos da Provincia co fin de conseguir reducir as facturas enerxéticas ata o 40 %. Aposta de xeito decidido pois pola instalación de caldeiras de biomasa, que amais contribúen a diminuír as emisións de CO2 e xeran emprego na nosa terra.
Publicado en PONTEVEDRA
Venres, 08 Novembro 2013 16:32

O prezo da gasolina cae ó seu mínimo anual

VILAGARCIA> A gasolina acadou esta semana o seu prezo mínimo do ano. Unha baixada agradecida polos consumidores que porén non agardan que dure moito. O gasoil tamén descendeu o seu prezo aínda que en menor medida.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Enerxía Top of Page

Síguenos en facebook