Escolares boirenses coñecen o traballo dos dispositivos de emerxencias

BOIRO> Despois dunha primeira xornada en Ribeira, a Semana da Prevención fixo escala hoxe en Boiro. Durante a mañá escolares de diferentes centros educativos do municicpio estiveron participando nas múltiples actividades organizadas co obxectivo de que coñezan o funcionamento dos dispositivos de emerxencias. Escolares de distintos colexios de Boiro coñeceron esta mañá na praza do Concello o traballo diario dos dispositivos de emerxencias, tanto os bombeiros do parque comarcal, como tamén a Policía Local e o Grupo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. A iniciativa formaba parte da II Semana da Prevención, organizada polo Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña. Moi atentos, os cativos seguían con total detalle as explicacións dos profesionais dos equipos de emerxencias sobre a vespa velutina…Tamén puideron usar e mesmo probar parte do material que se emprega nas emerxencias  cada día. Aprender a usar un extintor en caso de lume ou realizar unha reanimación cardiopulmonar…aínda que unha das cousas que chamou maior atención dos escolares foron os camións de bombeiros e as motos e coches da Policía coas súas sereas e altavoces. A exhibición, de seguro que a moitos lles fixo replantexarse cal será a súa profesión no futuro…pero o que si todos teñen claro é como actuar en caso de emerxencias. Senón que llo pregunten a estes rapaces de cuarto do colexio de Escarabote…