• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
MORAÑA> Moraña celebrará o seu I Mercado Ecolóxico e Artesán. Unha cita na que poderán gozar dunha variada oferta sociocultural para todas as idades, ademais de atopar máis de 30 expositores que venderán os seus produtos ecolóxicos e artesáns. Esta iniciativa terá lugar o vindeiro 24 de setembro na Carballeira de Santa Lucía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> 68 establecementos danse cita no Stock Pontevedra 2017. Unha feira que celebra a súa décimo cuarta edición  no recinto feiral. Dende hoxe e ata este domingo 5 de febreiro en horario de 11:00 da mañá a 21:00 da noite poderán desfrutar deste evento con multitude de produtos aos mellores prezos. 
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A primeira edición da Feira Etiqueta Negra pechou esta tarde as súas portas no recinto Feiral de Pontevedra. Máis de 50 establecementos da nosa comunidade estiveron presentes nesta cita onde puidemos atopar o mellor produto gourmet da nosa gastronomía. Os profesionais que alí estiveron ao longo destes días dixeron que estaban moi satisfeitos coa acollida deste evento e que agardan que podan repetir experiencia o vindeiro ano. 
Publicado en PONTEVEDRA
GALICIA> A Feira da Enerxía de Galicia pecha a súa primeira edición cunha afluencia que supera os 5.500 visitantes entre profesionais e consumidores. O evento, no que participaron 241 firmas de 16 países, contou cun programa de máis de 70 conferencias e actividades.
Publicado en GALICIA
RIBEIRA> Artesanía e mar conforman a mestura perfecta que este fin de semana encherá Ribeira. A cuarta edición da Feira Artemar deparará moitas sorpresas e novidades. A principal é que a maioría das actividades desenvolveranse nas instalacións do futuro mercado municipal.
RIANXO> Os Foros Ecolóxicos do Barbanza sacan de novo os ‘Sachos á rúa’, na súa segunda feira que se desenvolverá no concello de Rianxo. Mañá, 30 de agosto, o campo de Arriba será escaparate de gran variedade de produtos das nosas hortas. Ademais de facer unha compra ecolóxica, poderemos degustar pratos vexetarianos de Porto do Son, cervexa artesá de Lousame ou probar cosméticos e xabóns naturais. A xornada estará amenizada por música tradicional e tamén polas demostracións que realizarán os diversos artesáns. O obxectivo desta iniciativa é potenciar o mercado local e promocionar o consumo de alimentos libres de agrotóxicos.
PONTEVEDRA> Pontevedra ultima os preparativos para converterse na capital turística do Eixo Atlántico. Entre o 4 e o 6 de xullo, a Alameda da cidade acollerá a segunda edición da feira Expocidades, na que participarán un total de 27 cidades galegas e portuguesas.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O stand turístico promocionará as festas da Dorna e a festa do Percebe. Silleda inaugurou hoxe a XXXVII Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se prolongará ata este domingo. Alí está presente dende esta mañá un stand turístico do concello de Ribeira, que xa foi amplamente visitado. Un dos principais obxectivos deste expositor é promocionar as dúas festas máis importantes da vila ribeirense: a XLVI Festa da Dorna (18-24 de xullo) e a XVIII Festa do Percebe de Aguiño (26 e 27 de xullo). Nos 25 metros cadrados que Ribeira dispón no salón Festur, atopamos camisetas e bandeiras dorneiras, un artiluxio para o voo sen motor, unha carrilana, réplicas de embarcacións tradicionais e material promocional entre outros. Ademais, o sábado ás 16:30 o stand barbanzano será centro de todas as miradas ca actuación da peña dos Eskachos. Os visitantes poderán gozar das divertidas letras das cancións de tasca.

RIBEIRA> A iniciativa, que se desenvolverá nunha carpa que se instalará na Avenida do Malecón, reunirá a máis de 40 expositores pertencentes a distintos microsectores.
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Feira Top of Page

Síguenos en facebook