Francia e Italia tamén estarán na Vilagarcía Basket Cup

basket250_050209.jpgVILAGARCÍA> A organización da Vilagarcía Basket Cup continúa a traballar na configuración do cartel de equipos que tomarán parte na competición deste ano. Nesta edición o torneo pasa a ser de seleccións, e ata o de agora os combinados que confirmaran a súa presencia foran os de España e Alemania. Onte, fixérono tamén Italia e Francia.

A Vilagarcía Basket Cup xa confirmou a presencia da metade dos equipos que tomarán parte no prestixioso torneo deste ano.

Tras Alemania e España agora únense á festa Italia e Francia, polo que son xa catro equipos asegurados dos oito que haberá.

Das dúas novas convidadas hai moi boas referencias. Da selección francesa non se escoitan máis que boas palabras. A federación gala recluta ós mellores xogadores do país nun centro de alto rendemento preto do París e aproveita este tipo de torneos para darlles proxección internacional. De ahí saíron estrelas da NBA como Tony Parker, Boris Diaw ou Nicolas Batum, compañeiro de Rudy e Sergio Rodríguez nos Trail Blazers.

No caso do equipo italiano, non cabe dúbida de que será un equipo duro e de alto nivel competitivo. Nas súas filas destaca un home chamado tamén a estar entre os grandes, Nicola Melli, seguido dende hai tempo por varias franquicias da NBA.

Á organización quédalle agora pechar outras catro seleccións para completar un cartel que ata o de agora é de auténtico luxo.

Por primeira vez na súa historia a competición deixará de ser de clubes e convertarese no Mundial Oficioso de seleccións en categoría junior. Disputarase dos días 9 a 12 de abril e a final será por primeira na xornada do domingo, ás 18:00. Para eses días a organización tentará organizar ó redor partidos unha auténtica festa do baloncesto.

Redacción Salnés