• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
RIANXO> A boa xestión dos últimos anos traduciuse no superávit das contas da confraría de Rianxo. Tras unha campaña marisqueira moi rendible e, a pesar de ter investido corenta mil euros en tarefas de rexeneración, o pósito pechou o exercicio con once mil euros de excedente.
RIBEIRA> Abundancia de sardiña nas prazas galegas a dúas semanas do San Xoán. Hoxe, día de San Antonio en Portugal no que tamén consume este peixe como tradición, non se notou un incremento da demanda polo que os prezos permaneceron baixos.
BOIRO> A Xustiza arquivou a causa contra os exdirixentes da confraría de Cabo de Cruz por un presunto delito de fraude de subvencións. Con sobresemento provisional do caso dase carpetazo ó proceso no que o expatrón maior e a expresidenta das mariscadoras estaban acusados de apropiación indebida, falsidade documental e estafa.
POBRA> Malas novas para os mariscadores de Arousa que confiaban na recuperación do berberecho de cara á presente campaña. Sen embargo, nas últimas semanas detectouse unha alta mortaldade da especie que fai pensar novamente na marteilia.
A confraría de Noia traballa dende o mes pasado na limpeza dos bancos marisqueiros. Retiran unha media de catrocentos quilos diarios de depredadores para protexer a abundante cría nas súas concesións. Ante as boas perspectivas, a intención do pósito é adiantar a apertura da campaña a principios de setembro.
RIBEIRA> Este venres iniciase a veda do polbo tras unha campaña máis que satisfactoria en capturas pero, sobre todo, en cotizacións. O prezo medio do quilo situouse en sete euros e medio acadando no que vai de ano unha facturación de máis dun millón de euros.
NOIA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga á Consellería do Mar a indemnizar á confraría de Noia polo episodio de toxina de principios da campaña de 2013. A sentenza non é firme e a Xunta xa presentou un recurso de casación por non compartir a resolución.
RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira permanecerán parados durante todo o mes de maio para dar descanso ó banco dos Miñoteiros onde retomaran a actividade. A caída dos prezos motivou este peche temporal no que agardan que a ameixa acade o tamaño comercial.
PORTO DO SON> As confrarías galegas traballan conxuntamente coa Consellería do Mar no deseño do plan do polbo para o presente ano. As federacións de Coruña e Pontevedra proponen unha veda de corenta e cinco días e a unificación dos topes en cincuenta quilos durante toda a campaña.
RIBEIRA> Tralo espectacular peche da campaña do ourizo nas confrarías de Aguiño e Ribeira, cunha facturación superior ós novecentos mil euros, o sector busca agora novas saídas. Á apertura de varios bancos de ameixa súmase a ampliación da zona do traballo do percebe.
Páxina 1 de 31
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook