Mariano Rajoy: ‘Es el mejor museo provincial de España’

    fotorajoycopia.jpgPONTEVEDRA> Así o dixo na inauguración oficial. Tamén asegurou estar moi orgulloso do proxecto ó recordar a súa etapa como membro do Padroado do Museo.

    {flowplayer}images/salnes/RajoyInauguraMuseo.flv{/flowplayer}

    Mariano Rajoy acompañado polo Presidente da Xunta de Galicia e o da Deputación de Pontevedra fixo referencia á importancia de facer investimentos deste tipo malia os tempos nos que nos atopamos e aludiu á cultura como unha necesidade símbolo das sociedades modernas.

    Ademais o presidente do goberno, sen entrar en polémicas, destacou tamén que a cultura ten que entenderse como un elemento de unión, un reflexo da nosa historia.

    Pola súa banda, o presidente da Xunta, como fixera xa no seu discurso de fin de ano, volveu a facer referencia a Cantares Gallegas para falar da cultura galega. A cultura dun pobo capaz de levantarse nos momentos difíciles.

    Tamén fixo referencia o Presidente da Xunta ós galegos ilustres que deixaron a súa pegada no patrimonio cultural galego.

    Rafael Louzán nun discurso que foi saltando do castelán ó galego, agradeceu tanto a presenza dos presidentes como tamén a colaboración económica de ambos organismos para realizar unha obra destas características. Despois de nove anos de traballo, as instalacións, ubicadas na antiga horta do colexio dos xesuítas, ven por fin a luz e convértense nunha icona cultural de Galicia e de España.

    Despois de destapar a placa, o Presidente do Goberno asinou no Libro de Ouro, os recordos xogáronlle unha mala pasada e fíxoo como Presidente da Deputación. Ó que despois lle engadiu ó de Presidente do Goberno.

    Redacción Salnés