09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
NOIA> Inauguradas as segundas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia que nesta edición tiveron como convidado ó cociñeiro Alberto Chicote. Durante toda a fin de semana seguirán a desenvolverse conferencias e actos paralelos que culminarán coa degustación popular prevista para o domingo.
MUROS> O goberno de Muros trasladará á Xunta, a través do grupo parlamentario de En Marea, a inclusión dunha serie de necesidades a incluír nos orzamentos autonómicos.
MUROS> O concello de Muros acollerá este venres unha concentración en contra da violencia de xénero enmarcada no programa dos Concellos en Negro.
NOIA> Alberto Chicote será o encargado de abrir as Xornadas de Exaltación do Berberecho que arrancan en Noia o próximo xoves. Ademais de visitar os bancos marisqueiros e a lonxa de Testal, o televisivo cociñeiro ofrecerá unha clase maxistral.
MUROS> Os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza contan cunha nova pá cargadora para a recollida de lixo. A adquisición deste vehículo, xunto ó alugueiro de tres camións, contribuirá a normalizar o servizos. Mentres tanto, a entidade acordou impoñer unha nova penalidade á empresa adxudicataria por unha serie de incumprimentos.
MUROS> O Ministerio de Medio Ambiente iniciará esta semana as obras do paseo marítimo de Esteiro. A actuación, que supera os oitocentos mil euros, contempla a substitución de todo o pavimento e mobiliario urbano.
NOIA> Continúan os problemas coa recollida do lixo nos concellos integrados en Serra do Barbanza. A Mancomunidade manterá unha xuntanza este mércores para valorar as posibles accións a tomar ante a ineficiencia do servizo por parte da concesionaria.
NOIA> A Conselleira de Infraestruturas desprazouse ata Noia para supervisar as obras de mellora que se están a acometer na estación de autobuses da localidade. A actuación, cun investimento próximo ós cento oitenta mil euros, permitirá mellorar o illamento térmico e as dársenas da instalacións.
NOIA> A decimo oitava edición da Mostra de Curtas de Noia chegou esta fin de semana á súa fin. A preestrea da serie ‘Fariña’ celebrada o sábado e a gala de entrega de premios do venres puxeron o broche de ouro a unha edición que bateu récord de participación e de asistentes.
LOUSAME> A partir do dezaoito de novembro, a maxia inundará Lousame. A casa da Cultura acollerá a segunda edición do Festimaxia co espectáculo de catro grandes magos de referencia en toda Galicia.
NOIA> Os socialistas da comarca mantiveron un encontro en Noia coa deputada parlamentaria, Loli Toja, para analizar os orzamentos da Consellería do Mar. Denuncia o peso da acuicultura en detrimento das políticas de xeraciónde emprego na pesca.
NOIA> As tendas abrirán este sábado as súas portas ata as dez da noite e ofrecerán descontos do vinte por cento en tódolos seus artigos. É unha das habituais campañas de Noia Histórica. Por sétimo ano consecutivo, e debido ó éxito de vendas colleitado en anteriores convocatorias, a patronal noiesa volve a celebrar unha nova edición do Sábado Negro. Será este próximo sábado, 4 de novembro e contará coa participación de cincuenta establecementos comerc iais que aglutinan a práctica totalidade de microsectores. A cifra máis alta de participación de tódalas edicións celebradas ata o de agora. Ademais dos descontos, que poden chegar ata un 20%, as persoas que se achuguen ese día ata a vila poderán participar tamén en numerosas actividades complementarias. Dende a asociación sinalan que este tipo de campañas teñen coma principal finalidade incentivar as compras nunha época do ano no que as vendas baixan significativamente previo ó Nadal, que se ve moi condicionada ademais nesta tempada polo tempo.
Páxina 1 de 79
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook