Novos fondos para a posta en valor de San Finx

conveniolousame100.jpgLOUSAME> O concello de Lousame asinou un convenio coa Consellería de Industria para continuar coa posta en valor do poboado mineiro de San Finx.

{flowplayer}barbanza/conveniolousameindustria.flv{/flowplayer}

O departamento autonómico achegará cincuenta e nove mil euros para acometer actuacións no contorno dos edificios como melloras nos accesos e sinalización, dotación de zonas verdes e a construción dun parque infantil para dotar de máis servizos ós visitantes.

Sinalización

Procederase tamén á sinalización e ó valado dos pozos mineiros para evitar posibles riscos ós visitantes.

Estas obras, que sairán a licitación nas próximas semanas e estarán rematadas antes do mes de novembro, complementan o proxecto de posta en valor do xacemento mineiro iniciado a finais de 2006 coa rehabilitación da antiga escola.

Tan só resta a recuperación do cuartel vello que se destinará a cafetería-restaurante que será financiada pola Secretaría Xeral de Turismo cunha subvención de douscentos mil euros. Está previsto que esta última actuación, cun prazo de execución de oito meses, dea comezo a finais do verán.

Redacción Barbanza