• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A vixésimo quinta edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra xa quenta motores e chega con novidades. A principal Notametraxes, un ciclo de cine vencellado co mundo do jazz que aterrará na Boa Vila todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O groso do festival, os concertos e citas en directo, desenvolverase do 21 ao 26 de xullo.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dous artistas formados na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra traballarán dende o mes de xuño nas obras de restauración do Capitolio. Os canteiros Manuel Rial e Francisco Castro traballarán durante 3 anos na capital dos Estados Unidos nas obras de restauración deste emblemático edificio.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O vicesecretario de comunicación do PP estivo hoxe de visita en Pontevedra. Pablo Casado destacou a boa oposición que está facendo Jacobo Moreira na Boa Vila, do que dixo, é o representante político que está dando resposta aos veciños da cidade. Casado agarda poder volver no 2019 para festexar a vitoria do PP na capital de provincia.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Os alumnos de cuarto de primaria do colexio Vidal Portela, de Pontevedra, convertéronse en xornalistas por un día. O alcalde recibiunos na sala de prense e alí tivo que someterse a un cuestionario de preguntas que tiñan preparadas estes estudantes. Os orzamentos, os parques infantís ou os lombos foron algún dos temas que saíron a palestra. Nunha xornada onde a sala de prensa do concello se converteuse, por un día, no plató de tengo unha pregunta para usted.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> O IV Festival de Cafés Especiais inaugurouse esta mañá no Recinto Feiral de Pontevedra. Unha cita onde nos podemos atopar os mellores profesionais e o mellor produto. A entrada é de balde, así que xa o saben, ata o domingo 14 de maio poden degustar o mellor café na Boa Vila.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A corporación municipal recibíu hoxe ao Teucro na Casa das Campás. Un encontro que tivo lugar tralo ascenso a Liga Asobal deste club pontevedrés. Dende o concello dixeron que era unha honra ter un equipo de balonmán en primeira liña a nivel nacional. E dende o club aproveitaron a ocasión para pedir a máxima colaboración das administración na volta a división de horna.
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 1 de 72
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook