• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> O porto de Ribeira segue a liderar as descargas de peixe fresco en toda Galicia. Así o revela o informe de Portos de Galicia que destaca un incremento xeral da facturación nun tres por cento con respecto ó primeiro semestre do ano anterior.
OUTES> O porto deportivo do Freixo, en Outes contará con vinte e seis novas prazas de amarre. Portos de Galicia estuda ademais a instalación dun novo pantalán que suporía outros vinte e cinco atraques, dada a crecente demanda que rexistran as instalacións.
BOIRO> A bandeira azul e a de Q de Calidade xa locen no porto deportivo de Cabo de Cruz. Estes dous distintivos poñen de manifesto a excelencia dos servizos que ofrece o Club Náutico da localidade que aglutina un importante tráfico internacional de embarcacións.
MUROS> Malestar en Muros ante a negativa de Portos a ceder o espazo para a celebración das festas de San Pedro. O concello non descarta o cambio de ubicación das atraccións se finalmente non obteñen o permiso. O que teñen claro é que as festas si se celebrarán.
PORTO DO SON> Portos de Galicia segue a traspasar fronteiras na promoción da oferta náutico recreativa da comunidade. Desta volta, foi Irlanda o país escollido para dar a coñecer a excelencia das instalacións dos portos deportivos.
CAMBADOS> Xa está aberto o novo aparcadoiro da Illa das Goritas, en Cambados. A superficie ofrece 87 novas prazas de aparcamento, que se realizaron grazas a un investimento de 52 mil seiscentos  euros de Portos de Galicia.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PORTO DO SON> Así o confirmaba esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, durante unha visita ás obras.
BARBANZA> Portos de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade asinaron un convenio de colaboración que permitirá a mellora da accesibilidade nas 122 dársenas existentes ó longo de todo o litoral galego e que son de titularidade autonómica. Dende hai vario anos Portos de Galicia está a desenvolver xa unha acción estratéxica de cara a adaptación das infraestruturas portuarias a persoas de mobilidade reducida. Un plan que agora se verá mellorado co asesoramento técnico de COGAMI, que se encargará que se encargará de realizar un estudo pormenorizado das instalacións e informar daquelas nas que cómpre actuar con maior urxencia. O convenio asinado permitirá tamén a participación de COGAMI no proxecto europeo NEA3 para o que Portos está a preparar a súa proposta, promovendo o acceso á práctica da náutica a persoas con algún tipo de discapacidade.
Publicado en portada
RIBEIRA> Nova vaga de roubos nos portos de Barbanza. Esta fin de semana, varias embarcacións atracadas en Ribeira recibiron a visita dos amigos do alleo que levaron consigo diverso material valorado en preto de seis mil euros.
RIANXO> A medida foi tomada ante a falla de resposta ás reiteradas solicitudes formuladas ante Portos de Galicia, ente con competencias nesta zona.
CAMBADOS> Xa queda menos para ver rematadas as obras da escalinata de San Tomé en Cambados. A actuación, que tamén inclúe o acondicionamento da sé do club de piragüismo da vila, estará rematada nas vindeiras semanas. As obras corren a cargo de Portos de Galicia, que destinou preto de 130 mil euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Portos de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook