09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Nova vaga de roubos nos portos de Barbanza. Esta fin de semana, varias embarcacións atracadas en Ribeira recibiron a visita dos amigos do alleo que levaron consigo diverso material valorado en preto de seis mil euros.
RIANXO> A medida foi tomada ante a falla de resposta ás reiteradas solicitudes formuladas ante Portos de Galicia, ente con competencias nesta zona.
CAMBADOS> Xa queda menos para ver rematadas as obras da escalinata de San Tomé en Cambados. A actuación, que tamén inclúe o acondicionamento da sé do club de piragüismo da vila, estará rematada nas vindeiras semanas. As obras corren a cargo de Portos de Galicia, que destinou preto de 130 mil euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> Novidades para o Porto de Vilanova. Esta mañá, o presidente de Portos de Galicia visitou as instalacións da estación marítima para formalizar a autorización para o servizo de cafetería. Pero este non será o único contido do inmoble: o ente autonómico xa traballa no marco do proxecto europeo Nea3, para convertelo nun punto de promoción do nautismo en Galicia.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> Os roubos xa comezan a ser algo habitual nos portos de Arousa. Esta semana tocoulle a quenda a tres embarcacións da Pobra. Os ladróns levaron consigo dous plóters, unha sonda e un radar, aparellos valorados en máis de vinte mil euros.
RIBEIRA> A confraría de Ribeira estuda a contratación de seguridade privada para facer fronte ós constantes roubos nas instalacións portuarias. Na actualidade non existe servizo de vixilancia polas noites e as cámaras de control instaladas son insuficientes.
BOIRO> O porto de Cabo de Cruz contará cunha mariña seca. A obra, promovida polo Club Náutico, será posible grazas á colaboración da empresa Jealsa. O presidente de Portos de Galicia visitou esta mañá as instalacións do porto deportivo que bateu récord no incremento de tránsitos portuarios.
RIBEIRA> O presidente de Portos de Galicia desprazouse ata Aguiño para supervisar as obras que se están a acometer no recinto portuario. O ente autonómico inviste preto de douscentos corenta mil euros na ampliación da rampla de varada, a mellora dos pantaláns de descarga e o dragado da dársena.
PONTEVEDRA> Portos de Galicia aposta por dar pulo á náutica recreativa galega. O ente estará no Salón Náutico de París por terceiro ano consecutivo para promocionar os 40 portos deportivos galegos e as súas máis de 15 mil prazas de amarre. Na capital francesa unha decena destes peiraos formalizarán a súa adhesión a unha rede europea para internacionalizar a oferta náutica.
Publicado en PONTEVEDRA
GALICIA> Portos de Galicia continúa a impulsar o asesoramento especializado ás entidades xestoras de infraestruturas náuticas para a obtención do distintivo Bandeira Azul. Con este obxectivo, o ente público que preside José Juan Durán, organizou unha reunión entre os clubes náuticos que xestionan portos deportivos autonómicos o os técnicos de Portos de Galicia e a Asociación de Educación Ambiental e Consumidores (ADEAC), entidade que outorga estes distintivos.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O tráfico portuario de mercadorías nos peiraos de titularidade autonómica rexistrou un incremento interanual do 3,5% nos primeiros tres trimestres deste ano. Segundo o último informe de xestión de Portos de Galicia, correspondente ao mes de setembro, o movemento de mercadorías acumulado situouse en 1.595.511 toneladas, fronte a 1.540.711 do pasado ano.
VILANOVA> Avanzan as obras no porto de Vilanova. Este mes arrancará a seguinte fase do proxecto que pon en práctica un novidoso sistema de execución de peiraos portuarios. A técnica evita os muros de formigón, conseguindo vantaxes medioambientais e económicas e aforrando tempo de construción.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Portos de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook