• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Esta semana concluíron as obras de pavimentación da explanada portuaria de Palmeira; unha das actuacións incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación (POS).
VILAGARCÍA> O presidente de Portos de Galicia visitou esta mañá o concello de Vilagarcía. Co alcalde da vila, repasaron o proxecto de mellora de seguridade da praia do Preguntoiro, en Vilaxoan, obra que arrancou nos últimos días. Os traballos contan cun orzamento de 250 mil euros, e teñen como obxectivo substituír a varanda actual por unha balaustrada de formigón.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> Trátase duns datos significativos que, segundo o presidente de Portos de Galicia, evidencian que se trata dun peirao fundamental no sistema portuario galego.
PORTODOSON> O presidente do ente autonómico, José Juan Durán, comprobou esta mañá o resultado das obras.
POBRA> A pesar das reiteradas protestas veciñais en contra do emprazamento dunha gasolineira na zona da Covecha, na Pobra, as obras seguen avanzando. O BNG interesouse pola orde de paralización emitida polo concello que só afecta á retirada do petril para dar acceso á estación.
RIBEIRA> Portos de Galicia iniciou a reparación da cuberta da nave das redeiras de Aguiño, afectada polos temporais dos últimos meses. A actuación, unha das máis elevadas das reparacións proxectadas no Barbanza, suporá un investimento de sesenta mil euros.
GALICIA> Portos de Galicia pechou o 2013 cunha facturación anual de 15,9 millóns de euros, o que supón un noventa e nove por cento das previsións iniciais, pese á baixa rexistrada na facturación por venda de peixe fresco en lonxa. En canto ó tráfico de mercadorías, os peiraos autonómicos moveron un 9,7% máis , superando por primeira vez os 2 millóns de toneladas. En concreto, o pasado ano cargáronse e descargáronse nos peiraos autonómicos un total de 2.115.000 toneladas de mercadorías. Nunha análise porto a porto, os peiraos con maior tráfico de mercadorías foron, respectivamente, Cariño con 548.834 toneladas; Ribadeo, con 542.904; e Cee, con 396.162 toneladas rexistradas ao longo do 2013. Na comparativa co ano anterior destaca o incremento de actividade do 170% en Burela, que pasou das 120.614 ás 326.362 toneladas, especialmente debido ao tráfico de madeira en bruto. En canto ás mercadorías, a que rexistrou maior movemento foi o mineral de dunita, no porto de Cariño (418.112 toneladas); seguida da pasta de papel no de Ribadeo (405.606 toneladas); a madeira en bruto en Burela (289.932 toneladas); o manganeso en Cee (164.806 toneladas) e o atún conxelado na Pobra do Caramiñal (110.024 toneladas). O nicho de maior crecemento rexistrouse no tráfico de madeira en bruto nos peiraos de Ribadeo (283%) e Burela (277%). Así mesmo, o presidente do ente público deu conta ante o Consello de Administración de Portos de Galicia dos avances na tramitación da futura lexislación portuaria autonómica. Neste sentido, lembrou a importancia da entrada en vigor dunha normativa que recolla as especificidades do sistema portuario galego e garanta unha maior efectividade na administración dos peiraos de titularidade autonómica.
A confraría de Portosín pide a reparación urxente da nave das redeiras que resultou danada polos temporais. O forte vento arrancou o tellado das instalacións hai uns días e, dende entón, permanece cuberta cuns plásticos.
PORTO DO SON> Portos de Galicia vén de sacar a licitación a primeira fase do proxecto de remodelación da fachada marítima de Porto do Son. Nesta actuación inicial, presupostada nun millón de euros, acometerase a ampliación do actual dique de abrigo e construírase un pantalán para trinta embarcacións na dársena interior.
GALICIA> Os portos galegos sitúanse á cabeza do ránquing de distintivos de calidade, cun total de nove Qs de Calidade Turísitica das dezaseis outorgadas en España.
Publicado en GALICIA
Publicado en portada
SANXENXO> O Náutico de Sanxenxo conta con permiso ata abril para rematar a instalacións dos novos pantaláns fronte ás praias de Panadeira e Os Barcos. Portos de Galicia tería concedido unha prórroga de catro meses á entidade para que remate a obra ó contar con tódolos permisos precisos e con autorización xudicial. Mentres, os veciños da plataforma SOS Panadeira volveron á zona para intentar obstaculizar os traballos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: Portos de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook