Quintana afirmou que a Xunta alegou en defensa do xeito no momento oportuno

    GALICIA> A titular de Mar respondía así ós grupos da oposición que a acusaban de estar enganando ó sector. Rosa Quintana tamén sinalou que a Xunta non ten competencias para permitir faenar ó sector del xeito en aguas interiores das rías para que poidan seguir pescando sardina, en contra da opinión que viñan demandando dende a oposición nas últimas semanas. Segundo ela tan só se ten capacidade sobre a súa ordenación e gestión, pero a limitación das capacidades pesqueiras son competencia da UE, tanto en aguas exteriores como interiores. Á espera dunha nova reunión da Comisión de Pesca da Unión Europea na que se decidirá o futuro do xeito, quen se mostrou moi esperanzado foi o eurodeputado socialista, José Blanco, quen asegurou hoxe que o problema para o sector desta arte de pesca tradicional esta resolto, xa que dende Bruselas non se vai a aceptar a súa prohibición. Blanco facía estas declaracións despois de manter varias reunións nos últimos días no Parlamento Europeo con membros da Comisión como é o caso da italiana, Renata Briano, ou o propio presidente, Alain Cadec.

    Comments are closed.