Alerta amarela por altas temperaturas

    VAGA_CALOR copia.jpgSALNÉS> A calor sufocante que estamos a pasar nas Rías Baixas fai que os termómetros sobrepasen os 34 graos.

    {flowplayer}images/salnes/VAGA_CALOR.flv{/flowplayer}

    A franxa atlántica da provincia de Pontevedra atópase en alerta amarela pola calor. A predicción de meteogalicia indícanos que o sol seguirá brilando cando menos ata o vindeiro mércores, e o mercurio dos termómetros seguirá marcando os niveis máis altos da tempada estival. Chegou o verán, e nas rúas, aínda que a calor abafa, lévase con gusto. Para moitos, xa tocaba.

    As autoridades sanitarias inciden máis que nunca na necesidade de que se extremen as precaucións no caso dos colectivos de risco: anciáns, nenos e persoas que padezan enfermidades respiratorias e cardiacas. Para evitar golpes de calor o mellor é estar ben hidratados, evitar saír ó exterior nas horas centrais do día e protexerse con cremas solares, camisetas e gorras.

    Redacción Salnés