Empresas do polígono de Tremoedo sofren varios roubos nas súas naves

    VILANOVA > Os empresarios do polígono de Tremoedo, en Vilanova, estudan a unión con outras áreas industriais da comarca para deseñar un plan de vixilancia conxunto. A maior parte das naves alí instaladas xa sufriron varios roubos, e o último episodio xa o viviron na madrugada do domingo para o luns. De momento só denunciaron os feitos ante a Garda Civil Novolar Construcciones e Mariscos Gilmar.

    poligonotremoedo300_211205.jpg Os empresarios do polígono de Tremoedo din que non se trata dun feito illado, que levan así moito tempo, e é raro que algunhas da vintena de naves aquí asentadas aínda non recibira a visita dos cacos.

    O presidente dos empresarios asegura que ningunha das empresas deixa diñeiro no interior das súas naves a sabendas do que hai, pero as perdas polo roubo de material son considerables.

    Os empresarios de Tremoedo vénse incapaces de protexer as súas propiedades ante a total falta de vixilancia que existe no polígono. De todos modos tampouco queren botarlle a culpa á escasa presencia policial na zona. Consideran que eles sós non poden facer fronte a un sistema de vixilancia privado e estudian unha fórmula conxunta con outros polígonos da comarca, como poden ser o de Ribadumia, o de Sete Pías e o de Padrenda. 

    A Policía Xudicial realizou unha investigación pormenorizada para conseguir pegadas coas que iniciar as pescudas e dar cos autores dos roubos.

    Redacción Salnés