• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Pontevedra> A maxia, a bicicleta en familia e as actividades accesibles son as principais novidades que nos oferta o programa deste 2017 da Ruta do Viño Rías Baixas. A vindeira cita terá lugar o 10 de marzo con motivo do día da muller. Nesa xornada a Denominación de Orixe Rías Baixas ofrecerá unha cata para mulleres no Pazo de Mugartegui.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> O Enobús xa está listo para funcionar en Cambados. A iniciativa é unha das propostas do programa da Cidade Europea do Viño, e levará os visitantes ata as nove adegas participantes. Segundo o calendario establecido, comezará a circular no mes de xullo, e o billete terá un custo de dez euros. O Enobús é unha das propostas estrela de Camados como Cidade Europea do Viño. Esta mañá, presentouse a iniciativa, que facilitará o acceso ás adegas participantes e será un atractivo máis para os visitantes. A viaxe no Enobús inclúe a visita a unha adega participante coa cata de dous dos seus viños e unha actividade enoturística, a escoller entre visitar o Museo do Viño ou a Fundación Manolo Paz, e participar na experiencia Guimatur. A actividade desenvolverase entre os meses de xullo e setembro, con nove adegas participantes. Aínda que a maioría son de Cambados, finalmente o concello incluíu a outras de fóra do municipio, e non desbota que esta cifra se incremente co arranque o Enobús. A intención é que os tickets do Enobús se poñan á venda no mes de marzo. Antes, o goberno local debe levar a pleno unha modificación da ordenanza fiscal para que o concello poida cobrar a taxa establecida. Está previsto que este punto se vote na sesión do vindeiro mes.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
GALICIA> "Enoturismo Galicia" e "Galicia, destino familiar", son as dúas marcas para impulsar a especialización da nosa comunidader como destino, que presentou o Clúster de Turismo de Galicia durante o seu acto en Fitur. 
Publicado en GALICIA
CAMBADOS> Unha actividade accesible coa asociación Down Santiago, unha cata a bordo dun catamarán e a V Cata Amateur, compoñen o programa co que a Ruta do Viño Rías Baixas conmemora o Día Europeo do Enoturismo.
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> A arte e o enoturismo únense no movemento Art Ibérica. Ribadumia será a sede desta fusión de caldos da zona e obras pictóricas e escultóricas que terá lugar no Auditorio do municipio e nel preténdese que turistas e visitantes experimenten no mesmo espazo a cata e a abstración artística como unha nova experiencia sensorial.
Publicado en PONTEVEDRA
Martes, 26 Xaneiro 2016 11:25

Cambados estrea nome e web en FITUR

CAMBADOS> Presenza importante do concello de Cambados na Feira Internacional de Turismo onde deu a coñecer a súa nova imaxe dentro da presentación da Ruta do Padre Sarmiento que presentaba a Mancomunidade do Salnés e discorre en gran parte polo municipio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> A Ruta do Viño Rías Baixas únese a unha nova edición da Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Por terceiro ano, 27 adegas da Denominación de Orixe abrirán as súas instalacións ao público xeral os días 31 de maio e 1 de xuño, ofrecéndolles un amplo programa de actividades.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: enoturismo Top of Page

Síguenos en facebook