O Barbanza acolle esta fin de semana o VII Campionato Provincial de Cetrería

BOIRO> O Barbanza volverá ser sede do Campionato Provincial de Cetrería. Uns trinta profesionais daranse cita este domingo no monte Iroite para participar nunha proba aberta en distintas modalidades de voo.

Uns trinta participantes de toda Galicia tomarán parte este sábado no sétimo campionato provincial de cetrería que se desenvolverá durante toda a xornada na zona do Pastizal, no monte Iroite.

Previamente, o venres a partir das cinco e media da tarde terá lugar unha xornada divulgativa e posterior coloquio na casa da cultura de Boiro na que tamén se realizará unha exhibición de voo.

O obxectivo destas xornadas é afondar no mundo da cetrería e nos seus usos máis descoñecidos como poden ser a conservación ambiental a través do control de fauna ou as tarefas de apoio en aeroportos.

As xornadas son abertas ó público en xeral polo que  aqueles que desexen iniciarse no mundo da cetrería teñen unha cita esta fin de semana en Boiro  . Poderán achegarse así a esta arte que, aínda que minoritaria en Galicia, conta cada vez con máis afeccionados contando na actualidade a Sociedade Galega de Cetrería con máis de 100 socios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí