Pesca anula o sistema de venda adoptado polas mariscadoras de Rianxo

    resolucionpesca_100_190508.jpgRIANXO > A Consellería de Pesca ditou unha resolución anulando o sistema de extracción e comercialización das mariscadores a pé de Rianxo.

    {flowplayer}barbanza/resolucionpesca.flv{/flowplayer}

    Dende hai varios anos, a agrupación de mariscadoras de a pé de Rianxo viñera impoñendo un sistema denominado ‘monte maior’, consistente en poñer en común o marisco extraído por tódalas traballadoras repartindo os beneficios da venda a partes iguais, mesmo con aquelas que non acoderan a traballar.

    A Asociación Galega de Mariscadoras (AGAMAR) decidiu presentar un recurso a petición dun grupo de mariscadoras e agora a Consellería de Pesca veulle dar a razón.

    Con data 9 de maio de 2008, ditou unha resolución acordando a anulación deste sistema por considerar que supera os límites normais do exercicio dun dereito e ademais infrinxe a regulamentación vixente e aplicable en matera de extracción e comercialización dos recursos mariños así como en materia de permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira.

    AGAMAR valorou moi positivamente a decisión da Consellería posto que o sistema vixente ata agora permitía situacións tan anómalas e irregulares como que as mariscadoras tivesen que aboar o salario de persoas que non ían a traballar. Agora agardan que tanto o patrón maior como a directiva da agrupación de mariscadoras a pé acaten sen reparo a resolución.

    Redacción Barbanza