Premio á traxectoria deportiva

    POBRA > O IES Pobra convoca durante o presente curso dúas bolsas de axuda cedidas polos pais de Juan Lampón, antigo alumno deste centro que faleceu hai anos no transcurso dunha regata. As becas, dotadas de 600 e 900 euros respectivamente, pretenden premiar ós alumnos que conxuguen unha importante traxectoria deportiva e académica.

    beca_300_300506.jpgCon esta doazón, que ascende ós 1500 euros, os pais do regatista falecido, Juan José Lampón Rego e Dolores Outeiral Soto, pretenden honra-la memoria do seu fillo, ó mesmo tempo que contribúen á formación de novos deportistas.

    A axuda divídese en dúas bolsas, a categoría Caravel dirixida ós alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO e dotada con 600 euros e a categoría Raclero, destinada a 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos formativos e dotada con 900 euros.

    Os alumnos interesados en participar aínda están a tempo de presenta-la súa candidatura posto que o prazo remata o día 31 de maio. O tribunal, presidido por Dolores Outeiral, e integrado polo director do centro, un membro do departamento de Educación Física, un representante dos alumnos e outro das familias, fará pública a súa decisión o día 26 de xuño, no transcurso dun acto público no que tamén se procederá á entrega de premios do certame literario Caramiña.

    Os criterios a ter en conta serán a cualificación media do curso académico, a pertenza a federación, clubes ou escolas deportivas e outros méritos a valorar polo tribunal.

    Redacción Barbanza