• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> A caravana do enoturismo chegou hoxe a Pontevedra. Durante todo o día, a praza de España acolleu a visita deste enotruck, que percorre as cidades galegas achegando a oferta turística das cinco rutas do viño da comunidade aos potenciais usuarios. Explicacións, catas e incluso un concerto, compoñen esta acción promocional. As Rutas do Viño Galegas, preparadas para sacar á rúa todos os seus encantos. Concentrando exemplos das súas propostas nun enotruck, levan unha semana percorrendo as principais cidades da comunidade. Hoxe, a parada foi en Pontevedra. As Rutas do Viño Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras e Ribeiro demostraron o seu tirón, colgando o cartel de cheo nas catas que acolle o enotruck. E é que as catas son a actividade estrela desta acción promocional. Nelas, os participantes poden realizar unha viaxe polas diferentes Denominacións de Orixe a través dalgúns dos seus caldos. Sempre guiados pola sumiller Mercedes González. Esta actividade nace da iniciativa da marca paraugas Enoturismo en Galicia, que aúna as cinco Rutas do Viño. Tamén conta co apoio do Clúster de Turismo e de Turismo de Galicia, que decidiron optar pola proactividade para atraer potenciais enoturistas.
Publicado en PONTEVEDRA
VALGA> A Axencia Galega de Turismo de Galicia ven de asinar un convenio co concello de Valga polo cal financiará a climatización do Belén Artesanal e a construción do Centro de Interpretación da Caña. Unhas accións que terán un custe que estará cerca dos 150.000 euros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos "Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia" para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MADRID> Esta mañá comezaba en Madrid a trixésimo sétima edición da Feira Internacional de Turismo. Un evento que ata o domingo atraerá ata a capital de España as mellores propostas turísticas de todo o mundo. A nosa comunidade, e en concreto as Rías Baixas, ocuparán un lugar destacado no maior encontro global de profesionais do sector.     
Publicado en GALICIA
SANXENXO> A praia de Silgar converterase nun estadio xigante de fútbol praia no mes de xullo. A vila albergará a que será a única proba da Euro Beach Soccer League 2016, que se xogará en España. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> A Directora de Turismo de Galicia, e o Presidente da Mancomunidade do Salnés asinaron esta mañá un convenio de colaboración, no que a Xunta comprometeu 200.000 euros para a promoción do turismo nos concellos da contorna. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> O director de Competitividade de Turismo de Galicia, Jose Luis Maestro, foi o encargado de presentar esta iniciativa promovida dque busca mellorar a formación do persoal das empresas do sector turístico da comarca.
A CORUÑA> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informaron esta mañá sobre as liñas básicas do convenio asinado recentemente entre ambas administracións. O acordo está baseado en tres eixos fundamentais, que pasan pola promoción do Camiño Inglés, a Rota do Medievo de San Andrés de Teixido, e o Turismo Industrial. A Xunta e a institución provincial investirán uns 97 mil euros na mellora integral e a sinalización da Ruta do Medievo, da que ademais editaranse dez mil folletos informativos. A través do acordo entre as dúas administracións instalaranse ata 54 puntos de código QR ao longo de todo o Camiño Inglés Cun investimento de máis de 55 mil euros, a Deputación mantén tamén a súa aposta polo Turismo Industrial e financiará un estudo para a creación de novas rutas e a formación de empresas susceptibles de participar nelas.
Publicado en GALICIA
HomeGaliciaMostrando artigos por etiqueta: turismo de galicia Top of Page

Síguenos en facebook