• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Silvana Moril

Pontevedra> Dende o PP local de Pontevedra criticaron duramente a xestión nestes dous anos de mandato de Lores na cidade do Lérez. Jacobo Moreira cree que nos atopamos ante un alcalde atormentado e un goberno descoordinado. O líder dos populares di que Pontevedra leva dous anos perdidos e esa será a tónica xeral do restante de lexislatura.
Pontevedra> Críticas dende o PP provincial ao Goberno da Deputación. Dende as filas populares non entenden por qué a Presidenta non quere dar explicacións no pleno sobre a situación da súa cuñada no concello de Vigo. Ademais, tamén fixeron balance destes dous anos de Goberno, dende o PP consideran que a parálise da Deputación é evidente e que Silva debe de cambiar o ritmo e dinamismo na provincia.
Pontevedra> A primeira hora da mañá, a presidenta e o vicepresidente da Deputación, recibían no Pazo Provincial aos participantes no encontro da rede española de Cidades dos nenos. 22 concellos de toda España danse cita neste evento, que ten como fin, aumentar a autonomía dos nenos tanto dende o punto de vista educativo como do espazo urbano.
Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra visitou esta mañá as instalacións das oficinas do antigo edificio do Banco de España. Jacobo Moreira considera que a compra, por un valor de 1,2 millóns de euros do edifico na rúa dos Ferreiros, é un capricho de Lores. O líder do PP cree que Pontevedra conta con espazos máis adecuados para albergar os servizos de xestión tributaria, como os que visitou esta mañá na compaña de responsables da empresa SEGISPA.
Pontevedra> Nova xornada do xuízo contra O Mulo e os outros 12 acusados por narcotráfico de 3500 quilos de cocaína en agosto do 2008. O Mulo confesou esta mañá os feitos e recoñeceu os seus escritos, onde con nome e apelidos di a función que tiña cada un dos compoñentes desta banda. O Mula exculpa de todo cargo a 2 dos 14 acusados.
Pontevedra> A Presidenta da Deputación asinou esta mañá un convenio coa parroquia de San Vicente do Grove. O fin desta sinatura é o de elaborar unha réplica da moeda xacobea atopada no xacemento de Adro Vello. A Escola de Cantería será a encargada de elaborar esta réplica de 1,20 metros de diámetro, para o xardín da Igrexa.
Pontevedra> Segunda xornada do xuízo oral conta a banda do Mulo. Hoxe suspendeuse o xuízo para que os letrados teñan tempo de analizar un novo documento que non coñecían. Trátase, supostamente, dunha carta escrita polo propio Mulo onde indica con nomes e apelidos a función que cada un dos acusados tiveron nesa operación onde se incautaron 3500 quilos de cocaína. Con esta proba 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos.
Pontevedra> As visitas cruzadas que organizan, dende a Deputación de Pontevedra, no Museo da cidade volveron a ser un éxito. Máis de 50 persoas asistiron a esta cita que ten como fin amosar a arte deste espazo dende outro punto de vista. Os protagonistas nesta ocasión foron o xornalista Kiko Novoa e a poeta e escritora María Lado.
Páxina 1 de 218
HomeGaliciaSilvana Moril Top of Page

Síguenos en facebook