09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 43

En Pontevedra xa examinan do carné de conducir por ordenador

Nov 21 Escrito por 
PONTEVEDRA> Desde hoxe, as probas teóricas para obter o carné de conducir en Pontevedra deixan ó lado o papel para facerse integramente por ordenador. Só manterán o formato tradicional aqueles alumnos que xa se examinaran en papel, a repetición será tamén neste material, os que queiran recuperar puntos do carné e os que desexen sacar unha licenza específica. O novo sistema informático impedirá que os aspirantes poidan copiar e ofrécese en catro idiomas.
As novas tecnoloxías chegan tamén ó exame de conducir e todos aqueles alumnos que a partir de hoxe se presenten por primeira vez á proba farana xa nun ordenador, seleccionando as opcións do test mediante pantalla táctil e cun reloxo que lle permite controlar o tempo co que conta. Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, o sistema optimiza a fórmula para obter a licenza de circulación estándar, e está deseñada a proba de ‘pillos’. E é que desde agora, acabouse o copiar, xa que cada un dos test será diferente porque o sistema selecciona ó azar 30 preguntas de entre as 15.500 opcións que alberga a base de datos. Ó facerse a través da pantalla táctil, os aspirantes poderán cambiar cantas veces desexen as respostas durante a media hora da que dispoñen. Iso si, se cometen máis de tres erros na proba, quedarán suspensos. Para que os alumnos se vaian familiarizando co novo tipo de exame, existe un modelo de autoevaluación na web da DXT co que se pode practicar desde casa. As probas ofrécense en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés. Pero a implantación do sistema dixital non implica o esquecemento do papel. Seguirá habendo exames escritos para os alumnos que xa se examinaran con este sistema e teñan que repetir o cuestionar por telo suspendido, os que intenten recuperar os puntos do carné e os aspirantes a unha licenza especial.
Etiquetado como Pontevedra    Tráfico    Formación   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Domingo, 12 Xaneiro 2014 02:30

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A sentenza do TSXG deixa, unha vez máis, aberta a contrución de crematorios na cidade
    Pontevedra> Os crematorios de Pontevedra volven á palestra. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a modificación do PXOM aprobada para frear a instalación de crematorios na cidade é, segundo a concelleira de Urbanismo, un problema para a capital do Lérez e sobre todo para os veciños. Unha sentenza, que segundo Gulías, deixa a Pontevedra peor que ao principio de todo este proceso.
  • A Deputación presenta un orzamento que "amosa a saúde económica desta administración"
    Pontevedra>156,9 millóns de euros, ese será o orzamento do vindeiro ano para a Deputación de Pontevedra. Unhas contas que xa se lle presentaron aos grupos da oposición e que serán aprobadas o vindeiro martes nun pleno extraordinario. Carmela Silva e César Mosquera dixeron esta mañá que están orgullosos destas cifras, que amosan, unha vez máis, a saúde económica, da que din, goza a Deputación.
  • O PSOE non se ve reflexado no borrador dos orzamentos do 2018
    Pontevedra> Esta mañá o concelleiro de Economía e a tentente de alcalde reuníronse co voceiro do PSOE para analizar o borrador dos orzamentos para o 2018. Agustín Fernández di que con estas contas, onde non se ve reflexado o seu partido, dificilmente votarán a favor. O voceiro socialista presentou esta mañá unha serie de propostas e de momento non impón ningún tipo de liña vermella.
  • Pontevedra xa está lista para celebrar o Black Friday
    Pontevedra> Pontevedra xa está lista para celebrar un dos días máis agardados do mes de novembro, o black Friday. Moitas tendas xa teñen os descontos ao longo desta semana, outras comezarán o venres 24. Con todo na rúa son moitos os que están organizando as súas compras para desfrutar deste día de rebaixas.
  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
HomePONTEVEDRAEn Pontevedra xa examinan do carné de conducir por ordenador Top of Page

Síguenos en facebook